
Chaves -Verín, 4 de xullo de 2023
A Eurocidade Chaves -Verín, AECT , no ámbito do proxecto Rural Youth of Europe – RUYOU, convida a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos do territorio a participar, nos meses de setembro e outubro, nas próximas International Creative Jams; actividades presenciais que terán lugar en Romanía e Malta.
A actividade que terá lugar en Romanía, os días 20, 21 e 22 de setembro, ten como lema “Acción climática: futuro sustentable”. O rexistro debe completarse a través da seguinte ligazón: https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/8c27da54-995b-7a56-d5f3-f1d7f42630d1?surveylanguage=PT
A outra actividade, que terá lugar en Malta, cuxa temática é “Democracia e participación xuvenil”, está prevista para os días 25, 26 e 27 de outubro. A inscrición debe realizarse a través desta ligazón: https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/fea095eb-438f-2a94-f96e-481cac7d52d3?surveylanguage=PT
Durante estes actos, a mocidade terá a oportunidade de identificar os obstáculos aos que se enfronta a mocidade do rural no seu desenvolvemento persoal e profesional. En concreto, centraranse no cambio climático (Romanía) e no papel da participación xuvenil nas democracias europeas (Malta). Estes encontros reunirán a mozos de Romanía, Malta, Galicia e Portugal.
Ambas as actividades son en inglés e a inscrición é limitada, rematando o prazo de inscrición o 14 de xullo. A viaxe e o aloxamento son gratuítos para os participantes.
O proxecto Rural Youth of Europe - RUYOU ten como obxectivo permitir que mozos, expertos e líderes de opinión analisen o futuro da mocidade rural europea, co fin de deseñar, facilitar, informar e reflexionar sobre a mocidade do rural despois da pandemia de Covid-19. .
Para máis alá do Eurocidade Chaves-Verín, AECT, RUYOU conta con varios socios de España, Portugal, Malta e Romanía.
Este proxecto foi aprobado no marco do programa europeo CERV - Cidadáns, Igualdade, Dereitos e Valores.