REDES EUROPEAS DE COOPERACIÓN TERRITORIAL
Nun contexto de construción europea, a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín, dende a súa constitución en 2013, forma parte de varias redes europeas de cooperación institucional, cuxo principal obxectivo é construír unha Europa cohesionada e traballar conxuntamente sobre temas e problemas comúns.
-
Asociación Aquavalor
AquaValor é unha asociación privada sen ánimo de lucro e que actúa fundamentalmente arredor da temática da auga, nas súas diversas vertentes, como valor distintivo/identitario, agregador e facilitador do crecemento económico da subrexión do Alto do Támega. Podes consultar máis información aquí
-
Asociación de Rexións Fronteirizas Europeas (ARFE)
Organización que ten como obxectivo representar os intereses das rexións fronteirizas e transfronteirizas europeas, tanto a nivel europeo como a nivel nacional e rexional. Os seus principais obxectivos son: Compartir experiencias e información que permitan identificar os principais problemas, oportunidades e proxectos específicos das rexións; representar os intereses globais das rexións ante os parlamentos nacionais e internacionais, así como con outras autoridades e institucións; Apoiar e coordinar a cooperación entre as rexións europeas; Promover estruturas, programas e proxectos de cooperación transfronteiriza; Axudar na identificación, preparación e realización de eventos de cooperación transfronteiriza e outras actividades.
Podes consultar máis información aquí
-
Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA)
Asociación que representa as cidades históricas termais de toda Europa e está certificada polo Consello de Europa para xestionar a Ruta Europea das cidades históricas termais como parte do programa das Rutas Culturais do Consello de Europa.
Podes consultar máis información aquí
-
Comité Europeo das Rexións (CDR)
Asemblea consultiva de representantes locais e rexionais da Unión Europea (UE), que representa o punto de vista das autoridades subnacionais (é dicir, rexións, comarcas, provincias, concellos e cidades) dentro do marco institucional da UE.
Podes consultar máis información aquí
-
Comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal
Creado en 1991 pola Xunta de Galicia e a Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte, co fin de aproveitar mellor o potencial conxunto das dúas rexións, a CT GNP vén coordinando iniciativas e desenvolvendo proxectos de cooperación transfronteiriza con resultados tanxibles en materia de infraestruturas, equipamentos, pero tamén arredor do deseño e das iniciativas relacionadas coa investigación, a protección ambiental ou mesmo a integración social e institucional.
Podes consultar máis información aquí
-
Eures Transfronterizo Norte de Portugal- Galicia
EURES é unha rede creada pola Comisión Europea, con representantes en todos e cada un dos Estados membros, co fin de ofrecer servizos de información, asesoramento e colocación aos traballadores e empresarios no mercado laboral do Espazo Económico Europeo. Dentro da Rede EURES atópase o Servizo Transfronteirizo EURES, que ten como obxectivo dar resposta ás necesidades de información relacionadas coa mobilidade transfronteiriza de traballadores e empresarios. O servizo transfronteirizo Eures do Norte de Portugal-Galicia foi creada para proporcionar información específica relacionada coa mobilidade fronteiriza de traballadores e empresarios na eurorexión do Norte de Portugal-Galicia.
Podes consultar máis información aquí
-
Rede de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (REDCOT)
Constituída por AECT's, estruturas de cooperación transfronteiriza e organizacións que promovan o desenvolvemento das rexións transfronteirizas, co fin de desenvolver e articular accións de cooperación territorial nas rexións transfronteirizas de Portugal e España, así como abordar e resolver cuestións específicas nas rexións fronteirizas.
-
Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas (RIET)
Asociación transfronteiriza de cooperación territorial constituída por entidades de proximidade, da fronteira de España e Portugal, no ámbito do Tratado de Valencia, que desenvolvan o seu labor, xenérico ou específico, no ámbito da cooperación transfronteiriza.
Podes consultar máis información aquí