logo

Ven a descubrir Chaves-Verín

Actualmente, a Eurocidade consolidouse como un espazo de excelencia turística termal, cunha visión integrada: unha oferta innovadora e de calidade no ámbito das infraestruturas e servizos especializados (balnearios termais); unha oferta profesionalizada no ámbito da hostalaría e restauración; desenvolvemento de servizos e actividades complementarias dinamizadoras dentro dun contorno amigable, saudable e ambientalmente sostible. Aquí encontrasen información de suma utilidade, aprenderán a contemplar o noso patrimonio, a gozar das nosas paisaxes, a emocionarse nos nosos cantos, e a gozar da nosa gastronomía e das nosas festas.

Divisamos dende o horizonte, terras de Monterrei, concello limítrofe con Verín de onde parte a historia deste val, e observamos un complexo amurallado, o seu castelo, baluartes defensivos, hospital de peregrinos, igrexa e as casas dos vasalos e dos condes de Monterrei. Fronte ao castelo elevado, sobre un promontorio, encontrábase o antigo colexio dos xesuítas, hoxe Parador Nacional de Turismo. Viñedos, terra de viños con denominación de orixe, Verín é godello e mencia, caldos aos que este val lle conferiu personalidade propia e que o visitante pode gozar percorrendo a Ruta dos Viños de Monterrei. Do viño, á auga, en Verín, barrio norte da Eurocidade, tres balnearios Sousas, Fontenova e Cabreiroá envasan as súas augas minerais, mananciais dos que xermolan augas puras e transparentes e un cuarto balneario, o de Caldeliñas, que pon de manifesto o papel importante que o termalismo tivo no pasado desta vila.
Vista aerea de Verín
O Támega, nexo de unión dos dous municipios cruza Verín, o seu caudal flúe cara ao sur unindo os dous municipios, afluente galego do Douro, o Douro convertido xa en portugués, segue o seu camiño, o de Santiago, ata cruzar a "raia" con Portugal e chegar a Chaves, a Aquae Flaviae romana. O castelo medieval, o forte de San Francisco, a ponte romana ou as termas romanas, recentemente descubertas, revelan o seu glorioso pasado termal, que hoxe en día pode gozar a través das súas calidades terapéuticas nas Termas do Imperador. Continuamos a viaxe polo val do Támega, en dirección Vidago, deixándonos cativar polo encanto do histórico Pazo e a súa paisaxe natural. E xa na mesa, que mellor que gozar do xamón, os chourizos (fumeiros) que gozan de gran fama e son ademais ingredientes fundamentais na elaboración do Follar ou os coñecidos "pasteis" que con toda probabilidade farán as delicias dos padais máis esixentes.

Aos cales non nos coñecen, os invitamos a vir e aqueles que xa comezaron a descubrirnos os animamos a seguir compartindo e gozando de todos os cantos e atractivos desta eurocidade.
Vista aerea de Chaves
web engineered by hostname.pt