Programa Turístico de Benestar

O poder curativo da auga é un antigo beneficio que os tempos modernos recuperaron, a través de baños e alternando temperaturas e masaxes poderá descubrir todo o benestar que nos rouban as présas e o exceso de traballo. Unha ampla lista de tratamentos atópase a disposición dos nosos clientes: tratamentos relaxantes, antiestrés, de beleza, e outros encamiñados a recuperar o ton corporal. E aproveita para visitar dous países mentres te coidamos. Faite un agasallo, nós ocupámonos do resto...

Os programas de Fins de Semanas Saudables 2010, no ámbito da Eurocidade Chaves-Verín, realízanse en conxunto con empresas de restauración e hostalería de ambos municipios e o SPA do Emperador das Termas de Chaves. Ademais, buscan consolidar un espazo de excelencia turística termal nesta zona, aproveitando complementariedades, polo que se opta por ofertar aloxamento e restauración en Verín, e tratamentos no SPA do Emperador das Termas de Chaves.

O custo do programa para dúas persoas é de 135 euros -incluíndo dúas noites con aloxamento e almorzo, máis catro prácticas termais-. Mentres que para unha persoa, nas mesmas condicións que o anterior, é de 93 euros.

As prácticas termais que poden escoller os/as interesados/as no programa de Fins de Semana Saudables son as seguintes:

- Vigorante: sauna ou baño turco, piscina con hidromasaxe, ducha escocés.
- Relaxante corpo: baño de inmersión en bañeira de hidromasaxe e ducha de Vichy.
- Relaxante rostro: baño de inmersión en bañeira/piscina con hidromasaxe e masaxe facial.
- Relaxante de pescozo e costas: Bertholaix ou Bertholer, Hidrocolater e masaxe
descontracturante (pescozo e costas).
- Relaxante pernas: hidropresoterapia e masaxe parcial en pernas.
- Beleza Derme: cromoterapia e hidratación corporal

Os tratamentos complementarios extras dos Programas de Benestar Termal incrementan un 20%.

web engineered by hostname.pt