logo

Augas minerais naturais

Un auga para cada prato…

As augas clásicas e marcadas son apropiadas para os primeiros pratos, entrantes, entremeses...porque estimulan o apetito. Para as ensaldas, as augas efervescentes son as máis apropiadas. Para os mariscos resultan máis axeitadas as augas sen gas pero tamén as lixeiras que producen un contraste e deixan sabores adicionais no padal. Para os primeiros e segundos pratos, independentemente de que sexan carnes ou pescados, as augas sen gas, lixeiramente gaseosas ou efervescentes son as máis axeitadas. Se ben as carnes roxas casan mellor con augas efervescentes ou clásicas. Na sobremesa, os postres deben ir acompañados de augas sen gas ou efervescentes para evitar a acidez de estómago e axudar a dixerir os alimentos. A temperatura ideal da auga no momento do seu consumo debe estar entre 12ºC e 16º C.

CABREIROÁ: As augas deste manancial son clasificadas como bicarbonatadas sódicas, cálcicas, litínicas e acídulas. Trátase de augas que favorecen a dixestión, estimulan a secreción e motilidade gástrica, así como o tránsito intestinal, biliar e pancreático e as súas secreccións. Comercialízanse en tres modalidades: Cabreiroá con Gas, Cabreiroá sen Gas e Cabreiroá Única (Un auga 100% natural, enbotellado con finísimas burbullas que brotan, de xeito natural do manancial, sen gas carbónico engadido).
Orixe: Verín

Cabreiroá
Cabreiroá
Cabreiroá
CAMPILHO: Clasificadas como bicarbonatadas sódicas, carboaseosas e cunha alta concentración e sales mineirais. Estas augas consitúen un excelente dixestivo e axudan a repoñer os minerais que o organismo precisa.
Orixe: Chaves
Campilho
FONTENOVA: Estas augas (carbónicas, bicarbonatadas, sódicas, fluoradas e litínicas) son beneficiosas para o aparello dixestivo. Ofrécense en dúas modalidades: natural con gas (fina, dixestiva e de mineralización alta), e natural sen gas (de mineralización suave).
Orixe: Verín. 

SOUSAS: Estas augas bicarbonatadas sódicas, litínicas e lixeiramente fluoradas están caracterizadas pola súa mineralización feble, actuando como un excelente depurativo, diurético e desintoxicante. Os seus niveis de contido en flúor fainas axeitadas para o consumo regular de lactantes e nenos menores de 7 anos, evitando a fluorosis dental, caries.
Orixe: Verín

Sousas
Sousas
VIDAGO: Augas hipersalinas, bicarbonatadas, carbogaseosas, levemente cloruradas e fluoradas. Son augas lixeiramente ácidas e cun baixo nivel de gas natural son moi dixestivas e pola súa alta concentración en sales minerais permite a rápida reposición dos mesmos, necesarios para o organismo.
Orixe: Chaves
Vidago
web engineered by hostname.pt