logo

A Eurocidade da Auga

Un Río e nove mananciais


Eurocidade, río e fontes...
Dous países, un río e nove mananciais.

O río Támega flúe a través da Eurocidade como un eixo de unión entre todas as nosas terras e pobos.

Dos acuíferos existentes mana un auga de calidade inigualable, recoñecida grazas ao seu aproveitamento actual, ben para tratamentos, ben como auga embotellada. Os mananciais mais apuntados son Cabreiroá, Sousas, Fontenova, Fonte do Sapo e Caldeliñas ao lado galego e as Caldas de Chaves, Campillo, Vidago e Vilarelho da Raia ao lado luso.

Na área territorial de Chaves-Verín existe unha das maiores concentracións de mananciais de augas termais e minero-minerais de Europa, recursos endóxenos que constitúen unha fonte de oportunidades para alcanzar a clasificación de Destino Termal e así desenvolver un área de excelencia turística centrada na saúde e benestar.

Esta abundancia de augas é consecuencia dunha falla tectónica, a fractura de Corga, que atravesa o territorio transfronteirizo e dá lugar a unha elevada densidade de augas mineiro-medicinais no Val de Monterrei e Alto Támega. Esta orixe común failles compartir características fisicoquímicas e indicacións moi similares distinguíndose principalmente polas súas temperaturas de urxencia.

Estas nove fontes, teñen propiedades e utilidades distintas pero todas elas favorecen o noso organismo, tanto por dentro como por fóra.
web engineered by hostname.pt