CABREIROÁ: As augas deste manancial son
clasificadas como bicarbonatadas sódicas, cálcicas, litínicas e
acídulas. Trátase de augas que favorecen a dixestión, estimulan
a secreción e motilidade gástrica, así como o tránsito
intestinal, biliar e pancreático e as súas secreccións.
Comercialízanse en tres modalidades: Cabreiroá con Gas,
Cabreiroá sen Gas e Cabreiroá Única (Un auga 100% natural,
enbotellado con finísimas burbullas que brotan, de xeito
natural do manancial, sen gas carbónico engadido).
Orixe: Verín
CAMPILHO: Clasificadas como bicarbonatadas
sódicas, carboaseosas e cunha alta concentración e sales
mineirais. Estas augas consitúen un excelente dixestivo e
axudan a repoñer os minerais que o organismo precisa.
Orixe: Chaves
FONTENOVA: Estas augas (carbónicas,
bicarbonatadas, sódicas, fluoradas e litínicas) son
beneficiosas para o aparello dixestivo. Ofrécense en dúas
modalidades: natural con gas (fina, dixestiva e de
mineralización alta), e natural sen gas (de mineralización
suave).
Orixe: Verín.
SOUSAS: Estas augas bicarbonatadas sódicas,
litínicas e lixeiramente fluoradas están caracterizadas pola
súa mineralización feble, actuando como un excelente
depurativo, diurético e desintoxicante. Os seus niveis de
contido en flúor fainas axeitadas para o consumo regular de
lactantes e nenos menores de 7 anos, evitando a fluorosis
dental, caries.
Orixe: Verín
VIDAGO: Augas hipersalinas, bicarbonatadas,
carbogaseosas, levemente cloruradas e fluoradas. Son augas
lixeiramente ácidas e cun baixo nivel de gas natural son moi
dixestivas e pola súa alta concentración en sales minerais
permite a rápida reposición dos mesmos, necesarios para o
organismo.
Orixe: Chaves
As augas clásicas e marcadas son apropiadas para os primeiros
pratos, entrantes, entremeses...porque estimulan o
apetito.
Para as ensaldas, as augas efervescentes son as máis
apropiadas.
Para os mariscos resultan máis axeitadas as augas sen gas pero
tamén as lixeiras que producen un contraste e deixan sabores
adicionais no padal..
Para os primeiros e segundos pratos, independentemente de que
sexan carnes ou pescados, as augas sen gas, lixeiramente
gaseosas ou efervescentes son as máis axeitadas. Se ben as
carnes roxas casan mellor con augas efervescentes ou
clásicas.
Na sobremesa, os postres deben ir acompañados de augas sen gas
ou efervescentes para evitar a acidez de estómago e axudar a
dixerir os alimentos.
A temperatura ideal da auga no momento do seu consumo debe
estar entre 12ºC e 16º C.