logo

Apps Móbiles

Aplicacións móbiles para as principais plataformas de "smartphones" e "tablets" con contidos e servizos sobre o destino Chaves-Verín
TOMIGo Chaves-Verín
Vive Chaves
Benvido á nosa Eurocidade, un territorio que fai da fronteira un espazo de convivencia. Distinguidas polo seu territorio termal de excelencia, polo viño e polas rutas turísticas transfronteirizas, polo patrimonio edificado e inmaterial. Emociónese cos recantos, aprecie a excelente gastronomía e atopa as mellores paisaxes. Percorra este territorio en toda a súa extensión.
A TOMIGo Chaves-Verín facilita toda a información necesaria ao visitante organizada por categorías: Onde comer; Onde quedar; Que facer; Eventos. A información pode ser visualizada de dúas formas, xa sexa directamente no mapa de TOMIGo Chaves-Verín, aproveitando localización por GPS do dispositivo do visitante, xa sexa na descrición detallada de cada recurso/produto turístico, ordenado por distancia ao mesmo.
Todas as funcións da TOMIGo Chaves-Verín poden ser utilizadas en modo offline, deste xeito poderá gozar das marabillas deste territorio transfronteirizo, sen ningunha preocupación de roaming ou falta de cobertura. Se está no país veciño, só terá que actualizar os datos no seu punto de acceso ó destino (hotel, posto de información, etc.).
O proxecto foi desenvolvido por Turismo de Porto e Norte de Portugal (TPNP), en colaboración pola Eurocidade Chaves-Verín, AECT e os dous Municipios, no marco do proxecto Eurorrexión Termal e da Auga, aprobado polo programa POCTEP e cofinanciado pola Unión Europea (FEDER).

Aplicacións móbiles para as principais plataformas de "smartphones" e "tablets" con contidos e servizos sobre o destino Chaves-Verín
"Vive Chaves" é un guía turístico móbil da cidade de Chaves. Nesta guía poderás atopar monumentos, restaurantes, hoteis, eventos e indicacións para puntos de interese en Chaves, a partir do lugar onde se atopa. Son oito os temas base desta plataforma: descubrir Chaves, o que visitar, que facer, termas de Chaves, termas de Vidago, onde comer, onde durmir e outras informacións útiles. Fai xa a descarga e goce do que mellor ten a cidade de Chaves.
A plataforma móbil almacena contidos de índole turística e cultural xeo-referenciados e tratase dunha iniciativa pioneira tendo en conta que serán os propios responsables da hostalaría e restauración a introducir a información sobre a súa empresa, sendo posteriormente aprobada por técnicos do Concello. Deste xeito, os propietarios dos establecementos flavienses poderán divulgar o seu servizo de forma detallada, as ofertas dispoñibles, así como os traxectos para que os visitantes cheguen máis facilmente aos locais desexados.
O proxecto foi desenvolvido a través da candidatura "Chaves Monumental - Valores Culturais e Patrimoniais", aprobada no marco do ON.2.

Aplicacións móbiles para as principais plataformas de "smartphones" e "tablets" con contidos e servizos sobre o destino Chaves-Verín
web engineered by hostname.pt