“Na área territorial de Chaves-Verín existe unha das maiores
concentracións de mananciais de augas termais e
minero-medicinais da península, recursos que constitúen unha
importante fonte de oportunidades para acadar a clasificación
de Destino Turístico Termal e o desenvolvemento dunha área de
excelencia turística centrada na saúde e o lecer. Existe
nembargantes na actualidade, unha forte disparidade no
aproveitamento destes recursos pola parte das áreas de Chaves e
de Verín. Chaves cunha oferta termal na que se están a facer
nos derradeiros anos importantes investimentos para a súa
renovación, e Verín centrada na explotación industrial das
augas minero-medicinais (plantas de embotellamento) con
destacadas marcas no mercado.
A consolidación dun espazo de excelencia turística termal na
área Chaves-Verín require dunha visión integrada: unha oferta
innovadora e de calidade no eido das infraestruturas e servizos
especializados (balnearios), unha oferta profesionalizada no
eido da hostalería e a restauración, o desenvolvemento de
servizos e actividades complementarias que dinamicen e xeren
sinerxias (centro de interpretación do termalismo, produtos de
hixiene e beleza, actividades comerciais, culturais e de ocio,
rutas turísticas, entre outras), e a existencia dun contorno
amigable, saudable e medioambientalmente sustentable. O
termalismo moderno aparece moito máis orientado ao lecer e ao
relax que á idea decimonónica de curación de certas doenzas e
ese cambio debería ser un dos obxectivos do proxecto. Pero ao
mesmo tempo, compre aproveitar recursos como a historia
(recreación histórica da orixe romana das termas e a súa
evolución), ou a natureza, para elaborar un conxunto de ofertas
e produtos turísticos que incrementen o interese por este
destino por parte dos eventuais mercados emisores.”
Axenda Estratéxica da Eurocidade Chaves-Verín, 2008
Durante o ano de 2009, a Eurocidade Chaves-Verín desenvolveu
varias accións encamiñadas a consecución de varios dos
obxectivos propostos na Axenda Estratégica da Eurocidade.
Devanditas accións están a fomentar o coñecemento e
aproveitamento dos recursos endóxenos da Eurocidade tanto pelos
propios habitantes da Eurocidade, como por turistas e empresas
do exterior. Así, de cara o exterior a Eurocidade ten
participado en feiras nacionais e internacionais, e co obxecto
de fomentar o turismo na Eurorrexión a Eurocidade participou
nas feiras locais e rexionais, así como organizado programas de
benestar para os seus cidadáns.
Eurocidade, río e fontes...
Dous países, un río e nove mananciais.
O río Támega flúe a través da Eurocidade como un eixo de unión
entre todas as nosas terras e pobos.
Dos acuíferos existentes mana un auga de calidade inigualable,
recoñecida grazas ao seu aproveitamento actual, ben para
tratamentos, ben como auga embotellada. Os mananciais mais
apuntados son Cabreiroá, Sousas, Fontenova, Fonte do Sapo e
Caldeliñas ao lado galego e as Caldas de Chaves, Campillo,
Vidago e Vilarelho da Raia ao lado luso.
Na área territorial de Chaves-Verín existe unha das maiores
concentracións de mananciais de augas termais e minero-minerais
de Europa, recursos endóxenos que constitúen unha fonte de
oportunidades para alcanzar a clasificación de Destino Termal e
así desenvolver un área de excelencia turística centrada na
saúde e benestar.
Esta abundancia de augas é consecuencia dunha falla tectónica,
a fractura de Corga, que atravesa o territorio transfronteirizo
e dá lugar a unha elevada densidade de augas mineiro-medicinais
no Val de Monterrei e Alto Támega. Esta orixe común failles
compartir características fisicoquímicas e indicacións moi
similares distinguíndose principalmente polas súas temperaturas
de urxencia.
Estas nove fontes, teñen propiedades e utilidades distintas
pero todas elas favorecen o noso organismo, tanto por dentro
como por fóra.