logo

Preguntas frecuentes

Qué é?

A tarxeta do Eurocidadán proporciona os mesmos beneficios aos residentes nos dous municipios de Chaves e Verín, nas mesmas condicións dos servizos dos que xa dispoñen no seu municipio de residencia, promovendo deste xeito o intercambio entre as poboacións destes dous concellos e o incremento da oferta e da diversidade de servizos.

Qué beneficios?

O usuario da tarxeta de eurocidadán cando dispoña do uso de servizos situados no municipio fronteirizo ao seu terá as seguintes vantaxes:

  • Acceso aos servizos das bibliotecas municipais da Eurocidade
  • Prezos reducidos na utilización das instalacións deportivas e lecer municipais da Eurocidade
  • Descontos en eventos culturais a realizar nas instalacións inscritas.
  • Descontos nos tratamentos de termalismo terapéutico e benestar termal nas Termas de Chaves: SPA do Imperador.
  • Acceso a accións de formación promovidas pola Eurocidade.
  • Aceso a participación en actividades culturais, deportivas e lecer promovidas polos dous municipios, no ámbito da Eurocidade Chaves- Verín.
  • Participación en sorteos e concursos organizados pola Eurocidade.
  • Subscrición ao Boletín de Noticias da Eurocidade.
  • Descontos no comercio, servizos e restauración, localizados na área dos municipios de Chaves e Verín e que se teñan adherido ao presente proxeto.


Quen o pode ter?

Todos os residentes nos municipios de Chaves e de Verín, de unha forma gratuíta.

Onde se pode atopar?

  • No Gabinete de Apoio Técnico da Eurocidade Chaves-Verín, en Feces de Abaixo.
  • Nas instalacións da Biblioteca Municipal de Chaves, Largo General Silveira.
  • Nas instalacións do Concello de Verín.


Que documentos son necesarios para adherirse?

No caso de residir en Chaves:

  • Cartão do Cidadão ou Bilhete de Identidade, en caso de cidadán nacional.
  • Autorización de Residencia en Portugal, emitido pola entidade competente, en caso de cidadán estranxeiro.
  • Cartão do Cidadão, do Bilhete de Identidade ou da Autorización de Residencia en Portugal dos pais ou do representante legal, en caso de menores que non posúen documento de identificación.

No caso de residir en Verín:

  • Documento Nacional de Identidade (DNI), no caso decidadán nacional.
  • Certificado de residencia, no caso de cidadán extranxeiro.


Como funciona?

Para acceder aos beneficios adheridos, basta presentar e validar a tarxeta do eurocidadán nos postos de atendemento das instalacións adheridas ou no momento de inscrición/pagamento das actividades ou eventos.

E se deixan de residir legalmente na Eurocidade?

Perde o dereito a recibir todos os beneficios da tarxeta.

Como pode o establecemento ou entidade adherirse ao proxecto, no sentido de proporcionar descontos?

Deberá preencher unha declaración de compromiso, dispoñible nos locais adherentes, que inclúa o desconto establecido polo comerciante ou entidade pública ou privada, valida por un ano.

Que beneficios poderán ofrecer?

Serán aqueles que o comerciante ou a entidade pública ou privada adherente queira establecer.

web engineered by hostname.pt