logo

Descrición

A Tarxeta do Eurocidadán é unha iniciativa do Municipio de Chaves e do Concello de Verín, desenvolvida no ámbito do proxecto de cooperación transfronteiriza "EUROCIDADE CHAVES-VERÍN". A Tarxeta do Eurocidadán vai proporcionar os mesmos beneficios aos residentes nos dous municipios, nas mesmas condicións que xa dispoñen no seu municipio de residencia, promovendo desta forma o intercambio entre as poboacións destes dous municipios e o aumento da oferta e a diversidade de servizos.

A promoción da eurocidadanía pasa pola comprensión da existencia de igualdade de trato dos eurocidadáns, independentemente da súa nacionalidade. O lanzamento da Tarxeta do Eurocidadán materializa esa igualdade xa que permite as mesmas condicións de acceso, en Chaves e en Verín, aos servizos de titularidade municipal (piscinas, bibliotecas, etc.), así como igualdade de acceso a eventos, formación, concursos, etc.

Coa implantación da Eurocidade Chaves-Verín, é posible evitar a duplicidade de equipamentos e a consecuente duplicación de custos. A complementariedade territorial e demográfica non só é, en si mesma, xustificadora da instalación de determinados equipamentos (sociais, deportivos, recreativos e culturais), cuxa rendibilidade só é posible a elevados niveis de utilización, senón que, ademais, promove unha xestión equilibrada dos fondos públicos, a través do aproveitamento de economías de escala, na utilización e xestión compartida de recursos xa existentes ou, ata, no plan conxunto de futuros equipamentos.

A Tarxeta do Eurocidadán representa así o principal instrumento para a creación dunha zona franca social na Eurocidade, constituíndose como unha forma de identificación da eurocidadanía á cal son asociados beneficios sociais e comerciais.

Tarxeta do Eurocidadán:


Tarxeta do Eurocidadán

Obxectivos:

  • Acceso universal e común dos cidadáns a un conxunto de servizos públicos, de carácter colectivo e social dos dous municipios.
  • Promover a consolidación do sentimento de pertenza e de euro-identidade dos cidadáns da Eurocidade Chaves-Verín, de aquí en diante abreviadamente designada Eurocidade.
  • Visibilidade de beneficios inmediatos a nivel individual no contexto da Eurocidade.
  • Evitar a duplicidade de equipamentos e a consecuente duplicación de custos no conxunto dos dous municipios.
  • Aproveitamento de economías de escala na utilización e xestión compartida de servizos e equipamentos existentes e no plan conxunto de futuros equipamentos.
  • Fomentar a reflexión sobre as implicacións e necesidades de intervención en cuestións de natureza xurídico-legal que poidan constituír barreiras para as actuacións propostas.

 

web engineered by hostname.pt