logo

Proxecto VALTAMEGA

Título do proxecto

"Valoración do corredor ambiental do Río Támega"

Beneficiarios

  • Concello de Verín (beneficiario principal)
  • Câmara Municipal de Chaves

Calendario

  • Data de inicio do proxecto 01/07/2013
  • Data de fin do proxecto 31/10/2015

Resumo

Obxectivos principais: Mellorar a xestión dos recursos hídricos do corredor fluvial do Támega. Valorar o río Támega, como fío condutor da Eurocidade Chaves-Verín, incorporando, sempre que sexa posible, os principais valores naturais, históricos e culturais. Desenvolver e impulsar a conexión entre a xente das dúas cidades fronteirizas con as zonas ribeirinhas e ecosistemas asociados do Río Támega, de cara promover o interese nestes espazos, así como a responsabilidade da súa preservación e posta en valor.

Accións do proxecto: Monitorización da calidade da auga do río Támega e proceder á recuperación e cualificación do seu corredor fluvial. Creación de rutas interpretativas do Támega e potenciar turisticamente. Implantación dun sistema xeral de zonas verdes e culturais ao longo do corredor fluvial do Támega. Creación dun Centro de Monitorización e Interpretación Ambiental de Río Támega Transfronteiriza e realización de campañas de sensibilización e educación ambiental.

Resultados previstos: Mellora da xestión e da ordenación territorial integrado dos recursos hídricos de fronteira. Sensibilizar e educar a poboación, para adquirir valores, coñecementos e prácticas que contribúen para o mantemento e promoción da calidade ambiental do corredor fluvial do Támega. 

Logotipo:

VALTAMEGA

Programa europeu:

Financiamento:

Beneficiarios:

web engineered by hostname.pt