logo

A Eurocidade Chaves-Verín acolle Xornadas sobre Educación e Seguridade Viaria

23-11-2018

A sede da Agrupación Europea de Cooperación Territorial  Eurocidade  Chaves-Verín acolle  hoxe  dia 23 as xornadas sobre Educación e Seguridade Viaria, destinada a sensibilizar á poboación de ambos os municipios, especialmente aos máis novos, das diversas formas correctas de comportamento en educación e seguridade viaria.

Esta iniciativa está enmarcada dentro do 'Proxecto de Educación e Seguridade Viaria da  Eurocidade  Chaves-Verín' e recibiu importantes premios desde a UE. A súa finalidade e servir de laboratorio de boas prácticas para outras zonas fronteirizas da UE, así como unir esforzos, intercambiar experiencias, dar maior solidez á cooperación transfronteiriza existente, fomentando a realización de controis de seguridade conxuntos entre as forzas e corpos de seguridade lusos e españois, e sensibilizar aos/ as cidadáns/ as das actitudes idóneas para reducir o número de accidentes de tráfico nesta zona transfronteiriza habitada por máis de 60.000 persoas.

A organización levouse a cabo desde a Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense e participaron nas xornadas Cruz Vermella de ambos os países, Protección civil, Garda Civil, entre outros.

web engineered by hostname.pt