logo

A Eurocidade Chaves-Verín presenta o proxecto "Tarxeta Eurocidade 2020" no Web Summit 2018 de Lisboa

13-11-2018

A  AECT  Eurocidade  Chaves-Verín, convidada pola Comisión Europea, presentou no Web  Summit 2018 en Lisboa o proxecto "Goberno transfronteirizo electrónico, a tarxeta  Eurocidade 2020” como exemplo de boa practica de  gobernanza transfronteiriza.

A presentación, enmarcada no  workshop "Goberno Electrónico en Rexións transfronterizas: explorando novos mercados”, reuniu ás tres mellores prácticas de  gobernanza  transfrontronteriza da Unión Europea, entre elas e xunto coa de  Chaves- Verín, as de Bélxica con Holanda e Polonia con Alemaña.

O obxectivo deste seminario, organizado en conxunto entre a Dirección Xeral de Redes de Comunicación e a Dirección Xeral de  política rexional da Comisión Europea, é captar  Startups e empresas de tecnoloxía para desenvolver proxectos nestas rexións de fronteira.

O proxecto "Goberno transfronteirizo electrónico, a tarxeta  Eurocidade 2020” ten un orzamento de 100.000 euros e foi aprobado no marco do programa Interreg España-Portugal 2014-2020 coa  cofinanciación do Fondo Europeo de desenvolvemento rexional ( FEDER). A  AECT  Chaves Verín ten de prazo ata o 31/12/2019 para executar este proxecto que modificará o sistema de xestión que actualmente leva a cabo coa tarxeta do  eurocidadán. Entre os resultados esperados están:

 

- Mellorar substancialmente a base de datos dos  eurociudadanos ofrecendo máis e mellores servizos.

- Axilizar o sistema de emisión. Pasará a ser  online e máis efectivo mediante identificación electrónica.

- A tarxeta será substituída por unha aplicación móbil con máis vantaxes.

- Poderá dispoñer da tarxeta calquera persoa que o desexe, tanto se é  Eurocidadá coma se só reside nela temporalmente ou está en tránsito.

- Será unha tarxeta intelixente  multiservicio que funcionará por proximidade e verificará a entrada nas instalacións da  Eurocidade e mesmo dará a posibilidade de ser usada no comercio local.

- Permitirá unificar múltiples tarxetas xa distribuídas por outras instalacións.

 

A nova tarxeta  Eurocidadá permitirá optimizar recursos e conseguir reducir gastos a medio prazo. Ademais de facilitar aos usuarios, que cun só documento poidan acceder a todos os servizos municipais: bibliotecas, teatros, estadios, centros deportivos, transporte público, aluguer de servizos municipais, eventos… Coa nova Tarxeta  EuroCiudadá os trámites serán máis sinxelos e as xestións máis áxiles.

O Web  Summit, segundo a prestixiosa revista FORBES, é “o maior evento de  tecnoloxía do planeta”.  Reúne durante 3 días ás mellores PEMES de innovación  tecnoloxía do mundo. Ao redor de 70 mil visitantes, e máis de 1.800 compañías acreditadas, charlas, seminarios e encontros empresariais enchen do 5 ao 8 de novembro a capital de Portugal. Entre os  relatores máis destacados presentes en de o Web Summit están: o ex primeiro ministro británico  Tony Blair, o presidente de Nacións Unidas,  António  Guterres, o primeiro ministro de Portugal Antonio Costa. Do mundo empresarial figuras como  o presidente de Microsoft, Brad Smith, o  Presidente de  Samsung  electronics, Young  Sohn, ou  Evan Williams Cofundador de Twitter, entre outros.


web engineered by hostname.pt