logo

A AECT Eurocidade Chaves-Verín participa nun programa de intercambio de experiencias con institucións fronteirizas de Brasil, Paraguai e Arxentina.

24-09-2018

O pasado sábado 22,  a Agrupación Europea de Cooperación Territorial  Eurocidade  Chaves-Verín concluíu un intensivo programa de intercambio de experiencias con representantes políticos e técnicos responsables do desenvolvemento das cidades fronteirizas de Foz  do  Iguaçu (Brasil), Porto de Iguazú (Arxentina) e Cidade do Leste (Paraguai); urbes que conforman a chamada “fronteira  trinacional”.

Este programa de intercambio, de tres días de duración, incluíu diversas presentacións e reunións cos axentes locais e foi organizado no marco de colaboración existente coa Asociación de Rexións Fronteirizas de Europa ( ARFE) e o  Serviço  Brasileiro de  Apoio  às Micro e  Pequenas Empresas ( SEBRAE). Ambas as institucións xa visitaron o pasado mes de setembro do 2017  a  Eurocidade  Chaves-Verín en misión de estudo para coñecer en profundidade a cooperación transfronteiriza España - Portugal no marco do proxecto “Fronteiras Cooperativas”.

Nesta ocasión, o Director Executivo da  AECT, Pablo Rivera, tivo a oportunidade de coñecer in situ e de primeira man os proxectos que se están desenvolvendo ao longo da fronteira Brasileira, Arxentina e tamén co veciño Paraguai. Entre eles, o proxecto  Fronteiras Cooperativas e o Observatorio de turismo  trinacional Paraguai-Brasil-Arxentina. Outro dos proxectos presentados, con importantes similitudes co modelo da  AECT  Chaves-Verín, foi o Programa Líder para o desenvolvemento Rexional transfronteirizo que envolve 12 municipios, nove brasileiros e tres arxentinos, da liña de fronteira  Indo de Dionisio  Cerqueira/ SC a  Capanema/ PR, en Brasil e de  Bernardo de Irigoyen a  Andresito, na provincia de Misións, en Arxentina.

Este último encontro tivo lugar na primeira facultade fronteiriza de Brasil, a  Unetri, onde o director executivo foi recibido polo director académico do centro  Jonas  Grejianin  Pagno e a xestora de  proyetos do  Sebrae/ PR, María Áurea  Mulhmann quen explicou os pormenores da cooperación, entre ambos.


web engineered by hostname.pt