logo

A AECT Chaves – Verín contribúe en Bruxelas ao futuro Regulamento Europeo que acabará coas barreiras á cooperación aduaneira.

29-06-2018

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves - Verín foi convidada pola Comisión Europea a participar esta semana en Bruxelas na segunda reunión anual de expertos Europeos en Cooperación Territorial. Esta cita ten como obxectivo aportar valor á proposta de Regulamento do Parlamento e do Consello Europeos relativa a un mecanismo para superar os obstáculos xurídicos e administrativos no contexto aduaneiro COM/2018/373 final 2018/0198 (COD).                                    

Á reunión, organizada pola Dirección Xeral de Política Rexional da Comisión Europea, foron convidadas un reducido número de AECTs europeas que lideran procesos de integración de proximidade. Tal é o caso da AECT Chaves – Verín, que dende 2008 ven traballando de forma intensa na xestión compartida de servizos públicos tales como: turismo, termalismo, medio ambiente, deporte, cultura, educación...

Nos territorios aduaneiros da Unión Europea véñense detectando barreiras debidas ás diferenzas culturais administrativas e xurídicas (especialmente as relacionadas cos servizos de saúde, lexislación laboral, impostos e desenvolvemento empresarial) que impiden a plena integración europea de rexións, distritos e cidades.

En concreto, no caso da Eurocidade Chaves- Verín existen barreiras que dificultan a posta en marcha dun transporte urbano aduaneiro, a xestión hospitalaria conxunta, a creación de servizos de emerxencias conxuntos ou a convalidación de títulos de ensino non universitario. 

Europa é consciente deste barreiras e, para tentar solucionalas, está a traballar nun Regulamento que estableza as obrigas para que os Estados membros creen, por cada fronteira con outro Estado, un mecanismo para superar os obstáculos xurídicos nunha rexión alfandegueira conxunta. 

É importante destacar que un Regulamento Europeo é una norma xurídica de Dereito Comunitario directamente aplicable en todos os Estados da Unión Europea por calquera autoridade ou particular, sen que sexa precisa ningunha norma xurídica de orixe interno ou nacional que a traspoña para completar a súa eficacia plena.

web engineered by hostname.pt