logo

A AECT Eurocidade Chaves-Verín colabora cun programa de asesoramento para PYMES que queiran incluir melloras ecoeficientes na súa actividade.

25-06-2018

O vindeiro 5 de xullo, a AECT Eurocidade Chaves- Verín organiza na súa sede en Feces de Abaixo (antiga Aduana) unha Xornada Informativa sobre o proxecto “Low Carbon Innovation”, enfocado ao desenvolvemento sustentable para PYMES e emprendedores. No evento, que dará comezo ás 10.30 horas, farase unha presentación do proxecto e detallaranse as labores de Ecoinnovación que se prestarán ás empresas.

 

Trátase dun programa totalmente gratuíto dirixido PYMES, tanto portuguesas como españolas,  que queiran incluír melloras ecoeficientes na súa actividade. Levaranse a cabo dúas sesións individuais e presenciais, unha primeira na que se evaluará o diagnóstico de Eco-innovación de cada empresa e unha segunda na que se presentarán os resultados extraídos do Diagnóstico de Eco.

 

A duración do curso é de 10 horas de asesoramento e 5 horas máis de seguimento remoto. Os participantes adquirirán competencias sobre como mellorar o modelo de negocio e facelo máis sustentable, identificar oportunidades de dixitalización, aforrar custos enerxéticos, calcular a pegada de carbono, formarse en marketing verde para mellorar a imaxe de marca....

 

Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto “Low Carbon Innovation” aprobado dentro do marco do programa INTERREG España – Portugal co que a AECT Eurocidade colabora.  O obxectivo deste proxecto é o de pór en marcha unha Rede Transrexional “Low Carbon Innovation” para a prestación de servizos orientados ao desenrolo empresarial de modelos de negocio enfocados cara unha economía circular e baixa en carbono.

 

Trátase dunha xornada única no territorio da provincia d Ourense- Tras os Montes e todo aquel que queira rexistrarse deberá facelo enviando un mail a jornadas@valoraconsultores.com ou chamando ao +34673472735.

web engineered by hostname.pt