logo

Os alcaldes de Chaves e de Verín reuniránse para ver o partido España – Portugal na sede da Eurocidade.

13-06-2018

O vindeiro venres 15 de xuño, ás 20:00 horas (ES), o presidente da Eurocidade e da Cámara Municipal de Chaves, Nuno Vaz, e o Director da Eurocidade e alcalde de Verín, Gerardo Seoane, reuniranse con motivo da celebración do partido do Mundial de Rusia 2018 que se disputarán Portugal e España. Á cita acudirán tamén o resto de concelleiros e vereadores de ambos municipios que gozarán xuntos do partido dende a sede que a Eurocidade ten na localidade de Feces de Abaixo (antiga aduana española).

Serán benvidos todos os Eurocidadáns que desexen seguir o partido xuntos coas autoridades. 

web engineered by hostname.pt