logo

Nuno Vaz presidirá a AECT Chaves-Verín por dous anos máis

14-05-2018

O Alcalde de Chaves, Nuno  Vaz, presidirá por dous anos máis a Agrupación Europea de Cooperación Transfronteiriza ( AECT) Chaves-Verín. Esta foi unha das deliberacións tomadas en reunión de Asemblea Xeral, o pasado día 11 de maio, na casa consistorial de Chaves.

Alén dos temas incluídos na axenda para a orde de traballos, relacionados sobre todo con actividades, plano de execución financeiro de 2017 e balance do primeiro trimestre de 2018, foi tamén aprobada a renovación de todos os delegados da Asemblea de ambos os concellos.

En deliberación conxunta, definiuse tamén a necesidade de asegurar sete técnicos para garantir a execución dos Proxectos  Interreg  Eurocidade 2020 e Destino Fronteira, así como a elaboración dun estudo para a ampliación dos servizos da tarxeta de  eurocidadán.

Procederase tamén á creación da marca,  manual de identidade e  iconografía do proxecto “Destino Fronteira” sendo tamén  contractualizada unha campaña  promocional para a Ruta  Termal e da Auga, no ámbito da promoción turística.

A  Eurocidade Chaves-Verín constituíuse como  AECT en 2013, gañando personalidade xurídica propia en Portugal e España e ten como misión a xestión conxunta de servizos, así como a captación e administración de fondos comunitarias que permitan a promoción e converxencia institucional, económica, social, cultural e ambiental de todo o territorio.

 

 


web engineered by hostname.pt