logo

Municipios termais de toda Europa aplauden en Grecia as iniciativas da Eurociudad Chaves-Verín

05-10-2017

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial   (AECT) Eurociudad Chaves-Verín, única Eurocidade de Europa cunha estratexia turística conxunta, presentou na Asemblea Anual da Asociación Europea de Cidades Termais Históricas (EHTTA) a súa carta de augas e guía de patrimonio balneario.

Os proxectos da AECT para a promoción do destino conxunto, implementados baixo a marca "Eurociudad da auga", están a ser apoiados pola EHTTA como "City lab" (cidade laboratorio) de iniciativas transfronteirizas co obxectivo de poder replicarse noutros territorios Europeos.  

 A asemblea tivo lugar no municipio Termal de Loutraki, berce histórico do Termalismo en Grecia que deu orixe á palabra Thermae. Entre as actividades organizadas destacan unha Nova edición de Cafés de Europa, concepto que renova os faladoiros intelectuais levados a cabo na cidade belga de Spa,. Este modelo vén sendo utilizado polos membros da asociación para reunir a expertos de Termalismo de todo o mundo e analizar os retos do sector para o futuro.

Ademais, a AECT, representada pola dirección técnica, participou de forma activa nas decisións da asemblea xeral da asociación e participou en varias reunións de traballo do  taskforce group (grupo técnico de estratexia europea) para avanzar novas candidaturas a fondos comunitarios.  

 A AECT é membro da asociación desde 2015 e vén participando en proxectos conxuntos de promoción dos diferentes destinos que forman parte do Itinerario cultural europeo de cidades Termais apoiado polo consello de Europa.

 

web engineered by hostname.pt