logo

A Eurocidade da Auga acadou nove premios na Degustación Internacional de Augas nos premios Termatalia 2017

28-09-2017

A Eurocidade da Auga acadou nove premios na Degustación Internacional de Augas nos premios Termatalia 2017

A AECT Chaves-Verín presentou as augas do destino na Degustación Internacional de Augas de Termatalia 2017, onde participaron augas de todo o mundo, entre eles os seguintes países: Italia, Francia, Alemaña, Suíza, EUA, Canadá, Brasil, Arxentina, Xapón, Colombia, Tailandia, entre outros.

Foron presentadas sete marcas: Vidago, Carvalhelhos, Pedras Salgadas, Sousas, Cabreiroá, Fontenova e Campilho.

En representación da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín, o Director Executivo destacou que Chaves-Verín concentran as mellores augas do mundo nun só destino.

Resultados da XV Degustación Internacional de Augas de Termatalia 2017, dirixida pola hidrosommelier Mercedes González e que contou cun xurado internacional formado por profesionais de España, Portugal, Francia e Costa Rica. Os resultados desta degustación foron os seguintes:

 - Categoría Mineral Natural Leve:

1º premio: Augas de Cabreiroá (Galiza)

2º premio: Carvalhelhos (Portugal)

3º premio: Auga do Gravatal (Brasil)

 
- Categoría Mineral Natural Moi Leve:

1º premio: Agua Sanda (Galiza)

2º premio: Augas do Paraño (Galiza)

 

- Categoría con gas natural:

1º premio: Campilho (Portugal)

2º premio: Magma Orixinal (Galiza)

3º premio: Pedras Salgadas (Portugal)

 

- Categoría con gas añadido:

1º premio: Magma con gas añadido (Galiza)

2º premio: Augas de Sousas (Galiza)

3º premio: Fontenova (Galiza)

- Premio especial polo embotellado innovador: Auga de Vidago (Portugal)

- Premio especial Responsabilidade Social Corporativa: Fontecabras (Aragón)

Nos premios especiais de Termatalia 2017 o proxecto Ruta Termal e Da Auga Verín-Chaves-Vidago obtivo unha mención especial polo proxecto máis innovador do ano.

Outras das actividades desenvolvidas polo AECT para a promoción do destino foron:

-Concurso un fin de semana na Eurocidade Chaves-Verín, que contou co patrocinio do Forte San Francisco Hotel, Termas de Chaves e Adegas Franco Bazalo.

- Dous Fan trips ao territorio, que contaron coa presenza de 85 representantes internacionais de axencias de promoción, viaxe, tours operadores e do sector turístico Termal.

- Presentación da carta de augas da Eurocidade no curso de hidrosommelier dirixido por Mercedes González.

-Presenza das 7 marcas da Eurocidade no bar de augas oficial.

- Presenza da liña de produtos de dermocosmética termal de Chaves - Termas & Spa na sección especial de dermocosmética de Termatalia.

- Presentación do proxecto Ruta Termal e da Auga no simpósio internacional de Termalismo e Calidade de vida.

- Promoción das Termas de Chaves no stand con técnica de masaxe, entre outros servizos.

As accións foron desenvolvidas e financiadas no ámbito do proxecto Eurocidade 2020 aprobado polo INTERREG 2014-2020 España – Portugal.

web engineered by hostname.pt