logo

Dous equipos da Eurocidade Chaves Verín participan nos xogos do Eixo Atlántico.

04-07-2017

O equipo de natación do club de natación de Chaves e o equipo de fútbol 7 da escola deportiva de fútbol de Verín competirán desde hoxe ao día 9 nos xogos do Eixo Atlántico 2017.
Esta duodécima edición dos xogos do  Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, que reunirá na cidade a unhas 5.000 persoas.
A Eurocidade Chaves Verín como único membro do eixo en calidade de Agrupación Europea de Cooperación Territorial (composta polo Concello de Verin e o Município de Chaves) aposta polo deporte e a promoción dos valores transfronteirizos  como ven levando a cabo nos seus 10 anos de existencia, coa organización de máis de 70 eventos deportivos conxuntos entre verineses e flavienses.

É un evento que está dirixido á promoción do deporte e a convivencia entre os máis novos, xa que reúne a deportistas novicios de máis de 30 localidades de Galicia e do Norte de Portugal. No dispútanse campionatos de fútbol, balonmán, baloncesto, voleibol, ximnasia rítmica, atletismo e atletismo adaptado, e natación e natación adaptada, ao mesmo tempo que se mellora o coñecemento entre os cidadáns das dúas rexións. (Para máis información sobre os xogos: http://ow.ly/VPs630djccX)

A Eurocidade Chaves Verin é unha Agrupación de municipios transfronteiriza con personalidade xurídica propia en ambos os países que ten como misión promover a cohesión económica e social do espazo transfronteirizo Chaves- verin

 

web engineered by hostname.pt