logo

Verín reabrirá o surtidor de Caldeliñas tras 70 años de abandono e acondicionará un gran parque no exterior de Fontenova

19-06-2017

Os alcaldes de Verín e Chaves, Gerardo Seoane e Antonio Cabeleira, presentaron hoxe en Termatalia as novidades para a tempada termal que comeza. O Concello de  Verín reabrirá o surtidor de Caldelinas, logo de 70 anos de abandono, e construirá un gran parque no exterior de Fontenova. Chaves, pola súa banda, escomezará as xestións para reacondicionar un novo establecemento termal na localidade lusa de Vilarelho.
O acto de presentación da nova tempada de auguismo estivo auspiciada polo presidente de Termatalia, Alejandro Rubín, na sede da maior feira internacional termal en Expourense. Tanto Rubín coma os rexidores comenzaron a presentación cunha sentida lembraza as tráxicas mortes polo gran incendio de Portugal, tras o  cual pasaron a detallar as novidades.
Alejandro Rubín destacou o pontencial innovador da xestión conxunta de Verín-Chaves na Eurocidade da Auga para xerar I+D no sector turístico-termal, e loubou os logros deste tandem galaico-portugués durante a súa traxectoria. Tras sinalar que a próxima edición de Termatalia, en Brasil, será unha nova ocasión para promocionar a ruta termal da Eurocidade Verín-Chaves, pasou a presentar ós rexidores de ambas ciudades para que detallaran as características da presente tempada.

Gran parque en Fontenova
Gerardo Seoane sinalou que as principais actuacións deste ano na campaña do auguismo en Verín se concentrarán en Caldeliñas e Fontenova. En Caldeliñas, de titularidade municipal e pechado dende hai 70 anos, o Concello procederá a reabrir o manantial, purgar o seu acuífero e deixalo en condicións idóneas para o seu disfrute.
Para elo, anunciou Seoane, o Concello acometerá dende xa o reacondicionamento do entorno e das ruinas do que foi un puxante establecemento termal nos séculos XIX e XX (hasta a década dos anos 50) e axardiñará o conxunto para permitir, alomenos, o desfrute das augas no interior das antiguas instalacións para ablucións e uso externo.
“Ímos recuperar unha análise moderna da composición, realizando medicións químicas e bacteriolóxicas á altura da ciencia actual, e mesmo envasar unha pequena cantidade para uso tópico na pel, que era o uso recomendado tradicionalmente”, dixo o alcalde de Verín.
Asi mesmo, informou de que o Concello -tras chegar a acordos cos seus propietarios- procederá a acometer a reforma en superficie dun gran parque en 5 das 7 hectáreas de Fontenova, para dotar ó conxunto deste importante balneario histórico “do marco ornamental vexetal que se merece”.
Seoane rematou invitando a todas as persoas que o desexen a visitar os manantiais de Verín “in situ, na súa orixe, que é onde todas as augas gardan preciosamente ás súas propiedades”, destacando pola súa singularidade as propiedades curativas e de benestar das surxencias da Rúta Termal e da Auga da eurocidade Verin-Chaves.

 

Chaves
Pola súa banda, o alcalde de Chaves, Antonio Cabeleira, tras lembrar ás víctimas do gran incendio acontecido nas últimas horas no seu país, anunciou que para aprofundar na condición de “capital termal de Portugal” que goza Chaves, está iniciando as xestións para a apertura dun novo balneario na localidade de Vilarelho, sé dunhas termas históricas que serán postas en valor dado a singularidade das súas augas.
Asimesmo,  Cabeleira destacou que a Eurocidade Verín-Chaves é unha experiencia de éxito,” e agardamos algún día chegar a  ser unha verdadeira zona franca social, na que os cidadáns compartan o mesmo espazo e a mesma nacionalidade”. “Queremos ser considerados a eurocidade da auga” rematou, xa que ”é extraordinaria a diversidade de aguas que temos en tan pouco espazo xeográfico”.
Pola súa banda, o director técnico da Eurocidade, Pablo Rivera Brúa, destacou a importancia da eurocidade dentro da oferta termal europea, “xa que pola nosa idiosincrasia estamos incluidos nos itinerarios culturais europeos, codeándonos con ciudades termais coma Vichi”.
Lembrou que dende hai uns meses por primeira vez a Eurocidade da Auga conta cun paquete turístico conxunto para o destino, que custa 195 euros por persoa durante 4 días, e que permite coñecer todos os balnearios das dúas cidades e acadar o “pasaporte do auguista”, que este ano se reeditará tras o éxito do ano pasado, en que 3.534 persoas o acadaron tras probar e selar a súa presencia en todos os manatiais da eurocidade.

web engineered by hostname.pt