logo

A AECT Eurocidade Chaves-Verín aproba en Asemblea Xeral a execución de 1,4 millóns de euros en Fondos Europeos A AECT Eurocidade Chaves-Verín aproba en Asemblea Xeral a execución de 1,4 millóns de euros en Fondos Europeos A AECT Eurocidade Chaves-Verín aproba en Asemblea Xeral a execución de 1,4 millóns de euros en Fondos Europeos A AECT Eurocidade Chaves-Verín aproba en Asemblea Xeral a execución de 1,4 millóns de euros en Fondos Europeos

13-06-2017

Os delegados da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín polos municipios de Verín e Chaves, baixo a presidencia de Antonio Cabeleira e a dirección de Gerardo Seoane, reuníronse  onte en Asemblea Xeral ordinaria para tratar a seguinte orde do día:

 

 

1.    Aprobación do acta anterior

2.    Ratificación dos órganos de goberno

3.    Presentación e deliberación sobre os seguintes documentos:

- Informe de actividades 2016

- Liquidación do orzamento dos exercicios contables de 2015 e 2016

- Informe de contas xerais dos exercicios contables de 2015 e 2016

- Listaxe de contratacións e convenios celebrados en 2016

- Informe de actividades 1º trimestre 2017

- Balance situación das contas 1º trimestre 2017

- Modificación do Programa de actividades 2017

- Resumen proxectos INTERREG V-A aprobados

- Modificación orzamentaria do exercicio contable de 2017

- Modificación do programa de actividades de 2017

- Modificación da listaxe de contratacións e convenios a celebrar en 2017

- Bases de contratación do persoal para a AECT

- Asignación do persoal dos municipios aos proxectos INTERREG V-A -

- Proposta de candidaturas a programas europeos a presentar

4.    Outros.

 

Entre as decisións adoptadas polo órgano transfronteirizo, acordouse o comezo da execución dos proxectos "Eurocidade Chaves-Verín 2020" e "Destino fronteira", ambos os aprobados polo Programa Interreg España-Portugal 2014-2020 que contan cunha dotación orzamentaria de 1,4 millóns de Euros.

 

Estes proxectos teñen un prazo de execución ata o 31.12.2019 e centraranse nas seguintes actuacións:

 

-          O reforzo da cooperación institucional entre Chaves e Verín apoiando aos actores locais a través de microiniciativas capaces de incrementar o intercambio entre os dous municipios, así como co resto de entidades das que actualmente a Eurocidade forma parte (Eixo Atlántico, Comité das Rexións, Asociación Europea de Vilas Termais Históricas, Comunidade de traballo Galicia-Norte de Portugal, Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas, entre outras).

 

-          A Ampliación do espazo territorial de actuación da AECT coa incorporación da Comunidade Intermunicipal do Alto Támega e a Mancomunidade de Verín.

 

-          A posta en marcha dos servizos técnicos e administrativos da AECT. Para iso lanzarase unha convocatoria pública de emprego que permita dotar á AECT de recursos humanos especializados capaces de asegurar a execución dos proxectos aprobados.

 

-          A organización de ciclos de actividades de deporte, cultura e educación que permitan lograr unha Eurocidade máis inclusiva e participativa.

 

-          A posta en marcha da Rede de postos de turismo da Eurocidade. levará  a cabo unha reestruturación dos servizos de atención ao turista, dotándoos de recursos humanos especializados, unha imaxe corporativa común, elementos arquitectónicos de sinalización e benvida á Eurocidade, materiais informativos e de promoción do destino, campañas de comercialización do destino no exterior, apoio ás empresas e pemes do territorio para a promoción e comercialización de servizos turísticos, etc.

 

-          A posta en marcha de novos servizos no cartón do Eurociudado ampliados aos municipios limítrofes da Eurocidade. Entre os novos servizos estarán: cartón moedeiro, parking, estacionamentos, transporte, comercio, hosteleria, hoteleria, servizos sanitarios, sociais, turísticos e de lecer.

 

-          A definición do Plan Estratéxico urbano e integrado que permita definir as actuacións para desenvolver no territorio para os próximos 10 anos. Este plan definirá o desenvolvemento urbano tocando todos os eixos de competencias locais: transporte, mobilidade, medio ambiente, participación cidadá, infraestruturas, servizos públicos, servizos sociais, sanidade, turismo, urbanismo...

 

-          Reforzar os servizos dispoñibles na sede da Eurocidade: Portelo único, Oficina Transfronteiriza de información xuvenil, local de ensaios, sala de conferencias, Servizos Eures transfronteirizo, biblioteca local e a creación dun posto de información turístico de fronteira.

 

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín é unha agrupación de municipios transfronteiriza con personalidade xurídica propia en España e Portugal que ten como misión a captación e xestión de fondos comunitarios que permitan promover a converxencia institucional, económica, social, cultural e ambiental de todo o seu territorio de actuación.

web engineered by hostname.pt