logo

A Eurocidade Chaves-Verín busca crear unha Escola Superior de Termalismo e Hostalaría

23-05-2017

O presidente da AECT Chaves-Verín e alcalde de Chaves, António Cabeleira, reuniuse o pasado día 22 de maio coa subdirectora do Emprego da Xunta de Galicia, María Eugenia Pérez Fernández, con vista á creación dunha Escola Superior de Termalismo e Hostalaría na eurocidade.

 

O funcionamento de cursos nas áreas de termalismo e hostalaría con dobre titulación - inéditos na Europa - son unha aspiración da Eurocidade Chaves-Verín, pois nesta rexión  se concentra o maior e un dos mellores mananciais da Península Ibérica, tanto en augas de mesa, como termais.

 

Do lado portugués, hai xa un socio, o Instituto Politécnico de Bragança, que pretende apostar por este proxecto, faltando unha universidade galega para que o referido curso poida ter dobre titularidade (en Portugal e en España).

 

A Eurocidade Chaves-Verín - Eurocidade da Auga é un lugar privilexiado para que estos estudios poidan funcionar, xa que está dotada de instalacións a nivel universitario para as clases teóricas, así coma unha serie de unidades hoteleiras de referencia e balnearios termais para as clases prácticas.

 

Cabe destacar que a Eurocidade Chaves- Verín xa é a sede dun proxecto pioneiro, o Fórum Termal, reunindo nun mesmo proxecto case todas as estancias termais do Norte de Portugal e de Galicia.

 

 

web engineered by hostname.pt