logo

Comeza na Eurocidade Chaves-Verín o seminario "As idades da auga", centrado no papel milenario da auga como construtora da paisaxe

04-04-2017

O workshop “As idades da auga: as augas construtoras de paisaxes” comezou este luns, 3 de abril, na sede da Eurocidade en Verín. O programa arrancou onte, ás 16.00 horas, coa recepción dos participantes en Verín, e a visita previa xeral, que tivo lugar ás 17.00 horas.  O seminario internacional, organizado pola Escola galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega coa colaboración da Deputación de Ourense e a Eurocidade Chaves-Verín, volverá a Verín o venres, despois das sesións dos días 4 ao 6 de abril, que terán lugar na Fundación Nadir Afonso de Chaves.

 O acto de presentación acudiu Gerardo Seoane, director da Eurocidade Chaves-Verín e alcalde do Concello de Verín; Ana Villarino, deputada provincial de Termalismo; Carlos Augusto Castanheira, vicepresidente da cámara de Chaves e Pablo Rivera, secretario técnico da AECT,

O obxectivo do workshop é o de divulgar o territorio e os recursos do lugar; incorporar o termalismo e a paisaxe como obxectos de investigación e formular propostas que sirvan como base para a xestión e ordenación territorial de Verín – Chaves e para o desenvolvemento de futuros proxectos europeos. O escenario elixido é a Eurocidade Chaves-Verín, polo seu papel na promoción da cooperación territorial desde os seus diversos ámbitos, entre os que destacan o turismo e o termalismo.

O programa, ademais das sesións cos expertos, inclúe desde obradoiros ata visitas por rutas termais, experiencias como baños, percorrido por un balneario pedagóxico ou visita a unha planta embotelladora de auga.

Os relatores son de contrastado prestixio inernacional, como Joao Nunes, arquitecto paisaxista docente en varias universidades con intervencións de primeira liña a nivel mundial; Paul T. Simons, arquitecto especialista en patrimonio histórico e turismo termal, ex director de promoción da cidade de Bath e secretario de Great Spas of Europe, ou Barbara Van Der Wee, experta en paisaxes culturais e profesora da Universidade de Ku Leuven (Bélxica). Tamén participan Luis de Ramón Sánchez, xeólogo e experto en augas termais e minerais, e Mercedes Márquez, membro do Grupo de Investigación da Escola Galega da Paisaxe e docente do Master Juana de Vega en Arquitectura da Paisaxe. O coordinador será o arquitecto Mario Crecente, profesor e director de Crecente Asociados.

O programa arrancou onte, ás 16.00 horas, coa recepción dos participantes en Verín, e a visita previa xeral, que tivo ás 17.00 horas. Hoxe o seminario trasladarase a Chaves, onde seguirá mércores e xoves, con ponencias de 10.00 a 13.00 e visitas a Verín (martes), Chaves (mércores) e Vidago (xoves) de 13.00 a 16.00 e obradoiros de 16.00 a 19.00 horas. O venres, de 10.00 a 12.00 horas, terá lugar a presentación final dos traballos e, ás 12.00 horas, xa en Verín de novo, será a presentación aos medios. 

web engineered by hostname.pt