logo

A Eurocidade Chaves-Verín será a sede da Rede Termal do Eixo Atlántico

09-02-2017

Alcaldes/presidentes de CM, concelleiros/vereadores e representantes das cidades e vilas termais de Galicia e do Norte de Portugal reuníronse na sede da Eurocidade Chaves-Verín, AECT para cerrar a proposta de convenio que permitirá a constitución formal da rede termal na Eurorrexión. Na mesma, decidiuse que a sede da Rede sexa na Eurocidade Chaves-Verín e foi nomeado por unanimidade Antonio Cabeleira, presidente da AECT Eurocidade, como presidente da rede termal do Eixo Atlántico.

O acordo foi comunicado aos medios polo secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Mao, ao remate da reunión desenvolvida onte (8.2.2017) na sede da Eurocidade Chaves-Verín. A reunión foi presidida polo presidente da entidade Antonio Cabeleira. O documento tamén inclúe as actividades e os medios de financiamento que permitirán por en marcha un programa de actuacións que comezará a ser executado no presente ano. O mesmo será ratificado na próxima reunión da asemblea xeral da rede en Guimaraes no 22 de marzo coincidindo co día internacional da auga.


O presidente da Eurocidade Chaves-Verín, Antonio Cabeleira, como presidente da rede termal do Eixo, agradeceu o nomeamento e a asistencia a esta reunión,a mesma contou coa presenza dos membros fundadores (representantes dos concellos con termas ou balnearios de Galicia-Norte de Portugal),  do secretario xeral do Eixo Atlántico e técnicos deste organismo. Asemade, acudiron alcaldes de vilas que non están integradas no Eixo Atlántico pero que contan con balnearios dunha gran sona, como é o caso do alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey.


O presidente da Eurocidade Chaves-Verín, Antonio Cabeleira, referiuse tamén ao enorme potencial termal que representa a Eurorrexión Galicia -Norte de Portugal en canto á cantidade, calidade e diversidade das augas termais con que conta esta área xeográfica.

 

Os sete puntos estratéxicos nos que se vai basear esta nova rede termal do Eixo Atlántico son:

 

  • Promoción dos hábitos biosaudables.
  • Creación dun Clube de Produto Termal: coa creación dunha tarxeta do termalista que fidelice aos termalistas en base aos 7 millóns de cidadáns que residen nas cidades e vilas do Eixo Atlántico. (Esta tarxeta aproveitará a experiencia e tecnoloxía da tarxeta do eurocidadán.) 
  • Investigación en colaboración coas universidades.
  • Promoción conxunta dos destinos termais.
  • Captación de recursos de financiamento con programas e plans europeos.
  • Formación e visibilidade dos recursos propios , tanto termais como históricos e patrimoniais. 
web engineered by hostname.pt