logo

A AECT Chaves-Verín manifesta a importancia de revalorizar o río Támega como eixo vertebrador do territorio

02-02-2017
A Confederación Hidrográfica do Douro do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, coa colaboración da Administración Hidrográfica do Norte de Portugal e a AECT Verín-Chaves, celebraron esta mañá unha xornada formativa e informativa na sede da Eurocidade Chaves-Verín centrada en aspectos de planificación e competenciais relativos á xestión da auga. A xornada estivo dirixida aos municipios ribeiregos do río Támega tanto na parte española como na parte portuguesa da Demarcación do Douro-Douro tomando como referencia territorial os pobos de Chaves (Portugal) e Verín (España).

A xornada foi inaugurada por Diego Lourenzo, alcalde en funcións do Concello de Verín; António Cândido Monteiro Cabaleira. Presidente de Eurocidade Chaves Verín; Roberto Castro García, Subdelegado do Goberno en Ourense; Juan Ignacio Diego Ruiz. Presidente da Confederación Hidrográfica do Douro e o Enxeñeiro Pimenta Machado, da Administração Hidrográfica do Norte.
O presidente da AECT Chaves-Verín manifestou a importancia de revalorizar o río Támega como eixo vertebrador deste territorio transfronteirizo. “Neste sentido”, explicou Cabeleira,  “a importancia da coordinación e a xestión conxunta  entre as administracións públicas de Portugal e España tórnase fundamental e imprescindible”.

Neste sentido, Diego Lourenzo, alcalde en funcións do Concello de Verín, quixo destacar os investimentos xa realizados prol o ente transfronteirizo a través do proxecto “VALTAMEGA” de 450 mil euros, de fondos propios e europeos, destinados valorización do río Támega; como son a Ecovía, a creación de zonas eco saudables, rutas de avifauna, casetas e locais de interpretación ambiental, accións de sensibilización, limpeza e análise das augas, plans contra as inundacións, entre outras. “O noso obxectivo está ben claro, explicou Lourenzo, traballar para que o río Támega sexa distinguido, a medio prazo, como reserva da biosfera transfronteiriza, para iso precisamos do compromiso dos gobernos de España e Portugal, o noso xa o teñen”.

Esta xornada está enmarcada dentro das accións de información e formación  que organiza a Confederación Hidrográfica do Douro sobre diferentes aspectos técnicos, legais e competenciais relacionados coa xestión do Dominio Público Hidráulico. Estas accións enmárcanse no programa ?Escolas de Ríos? que pretende facilitar ás administracións locais formación e asesoramento en temas relativos á xestión da auga (abastecemento, saneamento e depuración, policía de augas) e do territorio (urbanismo, prevención de danos por inundacións, ferramentas de xestión educativas).
O contido dos relatorios, que foi impartidas por persoal da Administração Hidrográfica do Norte de Portugal e da Confederación Hidrográfica do Douro, foi a planificación hidrolóxica e a xestión hidráulica na parte portuguesa da demarcación do Douro; as actuacións en canles na provincia de Ourense; o marco xurídico e competencial en materia de augas; a ordenación do territorio e a xestión do risco de inundación no alto Támega; e a calidade das augas, abordando a problemática das verteduras e as solucións sustentables para depurar en pequenas poboacións.

web engineered by hostname.pt