logo

A Eurocidade Chaves-Verín presenta en Fitur a comercialización do primeiro produto turístico transfronteirizo da Unión Europea.

19-01-2017
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín, presentou hoxe na Feira Internacional de Turismo Fitur 2017 a comercialización do primeiro produto turístico transfronteirizo da Unión Europea. O produto vira ao redor da ruta termal e da auga Verín-Chaves-Vidago dando a posibilidade de adquirir un paquete de 4 días (3 noites) na Eurocidade da auga para coñecer as tres vilas termais desde 195 euros por persoa/día. Ana Pastor, clausurou xunto con Nava Castro a presentación do destino transfronteirizo Chaves-Verín encomiando o proxecto de Cooperación e os logros conseguidos nos últimos anos como "un referente, sen dúbida, na península ibérica".
Este paquete turístico será comercializado pola axencia Cn travel en España e Portugal e a súa oferta estará dispoñible online e en axencias de viaxe durante todo o ano 2017. Deste xeito, a Eurocidade Chaves-Verín, logra o obxectivo de comercializar o seu principal referente promocional do destino transfronteirizo.

Ademais, a Eurocidade presentará a oferta do destino Chaves-Verín que vira en torno ao agüismo e termalismo, a enogastronomia, as rutas transfronteiriza e, como novidade, este ano destaca  un destino de "película" en relación á coprodución luso galaica "Vidago Palace" que se presentará este ano en primicia na Eurocidade. A serie narra unha historia de amor no mítico Vidago Palace hotel, ambientada no ano 1936. Unha coprodución que promete será un éxito de audiencia, que xa foi vendida á televisión italiana e polaca, e que sen dúbidas será a mellor promoción do destino Chaves-Verín xamais realizada ata o momento.

Ana pastor, embaixadora da ruta termal e da auga.

Ana Pastor, clausurou xunto con Nava Castro a presentación do destino transfronteirizo Chaves-Verín encomiando o proxecto de Cooperación e os logros conseguidos nos últimos anos como "un referente, sen dúbida, na península ibérica". Ao finalizar a presentación, o secretario técnico da AECT, Pablo Rivera, entregou o pasaporte de embaixadora da ruta termal e da auga á presidenta do congreso dos deputados convidándoa a completar a ruta, percorrendo os mananciais dos dous lados da "raia". Pola súa banda Pastor tamén lle comunicou a Pablo Rivera, secretario técnico do ente transfronteirizo, a invitación para presentar o proxecto no congreso dos deputados.
web engineered by hostname.pt