logo

Finaliza en Verín a rodaxe de “Vidago Palace”, primeira coprodución luso-galaica

23-11-2016
Esta mañá o balneario de Cabreiroá acolleu a rodaxe do último capítulo da serie “Vidago Palace”, primeira coprodución luso-galaica. A presenza da contorna de Verín na coprodución é posible grazas a un convenio asinado entre a produtora galega Portocabo TV e a Agrupación Europea de cooperación territorial (AECT) Chaves Verín no que se pactaron  as accións promocionais a realizar por la produtora durante a produción e promoción da serie promovida pola eurocidade; e doutra parte, a contraprestación de 6000 euros que recibirá a produtora por estas accións.

Neste convenio, ademais de definir os compromiso de colaboración no que a estratexias de comunicación e promoción se refire, pactáronse diferentes cláusulas enfocadas a visibilizar e promocionar ao destino turístico transfronteirizo Chaves-Verín, “a eurocidade dá auga”  tales como: a mención no diálogos da serie de que os protagonistas galegos son orixinais de Verín e os portugueses de Chaves, rodaxe de 10 días no Concello de Verín (dos que 1 día tivo lugar no entorno do Manancial de Cabreiroá) e as restantes rodaxes, ata o fin da produción, no municipio de Chaves (Vidago), a presenza de membros do equipo técnico e artístico da serie no Festival de Curtas de Verín e a Pre-estrea do capítulo 1 da serie no Auditorio de Verín, unha semana antes da emisión da serie en TVG.
Vidago Palace rodouse nas seguintes localizacións do Concello de Verín: bosque do Pracer, A Preguiza, Bosque do Pozo do Demo, manancial das Augas Cabreiroá e nos bosques e camiños de terra na zoa do Río Támega.

O entorno do balneario de Cabreiroá recibiu para a rolda de prensa de fin de rodaxe Alfonso Branco, representante da Produtora galega Portocabo TV; Diego Lourenzo Moura, tenente de alcalde do Concello de Verín; Pablo Rivera, secretario técnico da AECT Chaves-Verín; Cecilia Bavarro, Dirección de Comunicación de Estrella Galicia e Jorge Coira, director do rodaxe en Galicia da serie e David Seijo, actor principal do elenco galego da serie.

Na súa intervención, Diego Lourenzo agradeceu a produtora Portocabo que Verín teña o seu espazo nesta importantísima produción televisiva, “na que a realidade termal da falla da Corga (común a Vidago e a Verín) é a protagonista e a empresa Cabreiroá por ceder as instalacións para está última xornada  de gravación.”

Por su parte, Pablo Rivera, secretario técnico do AECT, explicou que “non cabe dúbida de que unha serie que vai ter un forte impacto tanto en Galicia e Portugal como noutros países onde se vai  a proxectar, como Italia ou Polonia, potenciará enormemente a promoción turística desta eurocidade dá auga e, por suposto, destacar tamén a importancia de que todas as localizacións desta eurozona - Verín, Chaves e Vidago- van a están representadas nesta serie que, sen dúbida vai ser un gran exito”.
A esta última a localización e rodaxe da secuencia acudiron os actores Pedro (David Seijo) e Dores (Sheyla Fariña) ademais dos membros do equipo técnico, entre os que estiveron, o director Jorge Coira, o guionista Pepe Coira, o produtor executivo Alfonso Branco, e o director de arte Antonio Pereira.
Esta serie de ficción está ambientada no contexto histórico de 1936. A trama e centra no amor prohibido entre Carlota, filla dos condes de Vimeiro e noiva de Cesar, e o mozo Pedro, empregado do hotel, nunha época na que imperaban as conveniencias familiares e sociais. Neste verán tiñan lugar os xogos olímpicos de Berlín, a Guerra Civil española, mantíñase o réxime de Salazar en Portugal  e era inaugurado  o campo de Golf de Vidago.

web engineered by hostname.pt