logo

As AECTs Chaves-Verín e Douro-Douro afianzan en Salamanca unha alianza estratexia pola captación de fondos da área atlántica

13-07-2016
Onte, martes 12 de xullo, as AECTs Eurocidade Chaves-Verín e Douro-Douro reuníronse en Trabanca, provincia de Salamanca, para sentar as bases dun proxecto conxunto que dinamice económica e socialmente os territorios de ambas as agrupacións transfronteirizas.
O proxecto, que será presentado á próxima convocatoria do interreg  espazo atlántico e no que participarán diversos socios de Irlanda, Francia, Portugal e España, ten  como obxectivo a reconversión das principais rutas ancestrais que pasan polo chamado espazo atlántico da UE ( de Irlanda do norte ata Andalucía-Algarve) en novas rutas innovadoras, competitivas e intelixentes que atraian investidores e turistas a estes territorios tradicionalmente menos favorecidos polos fondos provenientes das administracións autonómicas e/ou estatais.
Ambas as AECTs, únicas de carácter local da “raia” luso española, teñen en común a súa finalidade executiva dirixida a resolver os problemas existentes nos territorios de fronteira e que afectan de forma máis próxima aos seus cidadáns.
 
A AECT Chaves-Verín interesouse polos proxectos de xestión  da subministración eléctrica e auga q os máis de 200 municipios membros da asemblea de Douro Douro delegaron na AECT co obxectivo de sumar territorio e poboación para obter unha mellor e máis eficiente xestión. Un exemplo diso é a redución do 82% na factura de subministración eléctrica nos municipios que forman parte do ente transfronteirizo debida á xestión centralizada da AECT.
 
Sen dúbida, "o encontro cos nosos compañeiros de Douro-Douro serviu para afianzar posturas, abrir novas vías de colaboración  que permitan de forma conxunta seguir construíndo Europa desde as fronteiras" recalcou o secretario executivo de Chaves-Verín.
web engineered by hostname.pt