logo

Éxito total da campaña estival de promoción da Ruta Termal e da Agua Verín-Chaves-Vidago

16-09-2016

A campaña estival de promoción da Ruta Termal e da auga transfronteiriza Verín-Chaves-Vidago, promovida e financiada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín, rexistrou do 1 de agosto o 10 de setembro mais de 50.000 visitas nos 6 mananciais do destino transfronteirizo Chaves-Verín, "a eurocidade da auga" (Cabreiroá, Fontenova, Sousas, Fonte do Sapo, Chaves e Vidago ) Por "barrios", o barrio norte da eurocidade (Verín) recibiu un total de 8.052 visitas aos mananciais, das cales, 3.120 corresponden a Cabreiroá, e 2.405 a Sousas e 2.507 a Fontenova. Do total, un 37 % das visitas corresponderon a turistas de fora de Galicia e Norte de Portugal. Este último manancial, que levaba clausurado e sen funcionamento efectivo desde a década dos setenta foi restaurado para integralo na ruta. Pola súa banda, o barrio sur (Chaves-Vidago) aumentou considerablemente o número de termalistas contabilizando un total de 47.864 visitas, dos cales 3.891 eran estranxeiros, segundo datos da vocal do Conselho de Administração Gestão de Equipamentos do Municipio de Chaves, Fátima Caeiro.

A AECT Eurocidade Chaves-Verín, investiu un total de 30 mil euros na promoción da ruta, levando a cabo accións como: a contratación de servizos de promotores para informar e dispensar as augas; formación especializada; acondicionamento dos mananciais, en especial dos mananciais de Fontenova e Sousas; adquisición de mobiliario especifico; publicidade en prensa e revistas especializadas; publicidade en espazos interiores e exteriores; "kits do agüista" (vasos, pasaportes da ruta, lanyards, lápices, selos, diplomas acreditativos, guías e mapas da ruta); materiais de divulgación turística, merchandising, etc. Un investimento, financiado ao 75% con fondos europeos Interreg que supón un alto retorno económico para o destino, dado o elevado número de visitas rexistradas no conxunto das 3 vilas termais históricas (Verín-Chaves-Vidago) que compoñen o destino transfronteirizo. 

A campaña que contou coa colaboración dos municipios de Verín, Chaves e do Conselho de Administração Gestão de Equipamentos do Município de Chaves que xestiona as Termas e Spa de Chaves e o Balneario Pedagoxico de Vidago, alen das oficinas e postos turismo de ámbolos concellos, foi en palabras do Director Gerardo Seoane "Un exito sen precedentes no que respecta á colaboración conxunta na promoción do termalismo nun contexto fronteirizo" ao que engadiu "Estamos moi satisfeitos, pero aínda queda moito por facer para lograr un destino transfronteirizo termal de excelencia capaz de competir nos mercados internacionais".

Por outra banda, a promoción promovida pola AECT "Percorre a Ruta Termal e da Auga Verín-Chaves-Vidago, sela o pasaporte do agüista/termalista e converterte en embaixador das augas da eurocidade" que sorteará a finais de ano, entre todos/as os/as embaixadores/as, unha estancia termal no destino Chaves-Verín continuará aberta ata o 30 de outubro. Con esta promoción o ente transfronteirizo persegue que os visitantes ao territorio atravesen  a "raia" e que de norte a sur ou de sur a norte percorran a ruta polos mananciais das tres vilas termais selando o seu pasaporte.

O funcionamento do pasaporte é sinxelo. En calquera oficina de turismo da Eurocidade entregarase de maneira gratuíta o Pack do Auguista, cuxo elemento central é o Pasaporte, unha guía de viaxe no cal os turistas, que así o desexen, irán gravando os selos que certifican o paso polas distintas fontes e que permitirá, ao final do percorrido, recoller o Diploma de Embaixador das Augas de Chaves-Verín.

A Ruta Termal e da auga percorre, ao longo do río Támega,  os seus múltiples mananciais. As augas de Cabreiroá, Sousas ou Fontenova en Verín son referencia histórica e levan décadas envasándose para comercializarse en mercados cada vez máis amplos. Menos coñecido fóra do val de Monterrei, pero máis popular para os verineses, atópase a “Fonte do Sapo”. Pola súa banda, en Chaves atópase a Fonte do Povo, coas súas augas hipertermales, alimenta unha tradición de turismo de saúde e benestar que se remonta aos tempos romanos. Finalmente, as fontes de Vidago conseguiron atraer todo o máis selecto da sociedade europea a principios do século XX.

A Ruta Terma e da auga convida a pararse en cada unha das vilas. Os conxuntos históricos de Verín e Chaves presentan un excelente estado de conservación e son perfectamente abarcables mediante percorridos peonís. Restaurantes, terrazas en prazas con encanto e coquetas tendas de produtos típicos enriquecen o noso percorrido mentres nos movemos entre a arqueoloxía romana ou a omnipresente arquitectura defensiva medieval. Máis ao sur, Vidago mantén viva e renova o espírito da idade de ouro dos balnearios.

Instrucións sobre como percorrer a Ruta Termal e da auga e facerse Embaixador das Augas de Chaves-Verín

1. Pasa por calquera das oficinas de turismo de Chaves-Verín e solicita o teu Pack do Auguista. Inclúe todo o necesario para realizar a Ruta.

  • Pasaporte: É a guía de mananciais e no iremos incorporando os selos que, cal visados, certifican o paso polos mananciais.
  • O vaso oficial da Ruta.
  • A Guía de Ruta.
  • Lapis, para gravar os selos.
  • Bolsa oficial.


2. Percorre os seis mananciais, situados nas tres localidades (Verín, Chaves e Vidago). 
  • Proba as augas e coñece as súas propiedades.
  • Grava o selo de cada fonte. Xunto a cada unha atoparás un punto de selado no que ti mesmo, co lapis, podes realizar o “visado”.
  • -Goza das contornas naturais e urbanas antes de proseguir viaxe.

3. Mostra o teu Pasaporte cos seis selos en calquera das oficinas de turismo e recibirás o teu Diploma de Embaixador das Augas de Chaves-Verín. Ademais deixa os teus datos persoais e participarás no sorteo anual de: unha estancia para dúas persoas en Chaves-Verín /tratamento Termas, etc.

4. Fala aos teus amigos que estiveches nunha terra, dacabalo de dous países, na que a auga ten outro sabor.

A promoción da Ruta termal e da auga conta coa coofinanciación do FEDER no marco do Programa Interreg España-Portugal 2014-2020.

 

 

web engineered by hostname.pt