logo

A AECT Eurocidade Chaves-Verín xunto a socios de cinco países pechan un proxecto conxunto para o desenvolvemento turístico da área atlántica da UE

06-09-2016
Esta mañá, a sede da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín foi a anfitrioa dunha reunión internacional de socios que tivo como obxectivo programar as accións dun proxecto europeo que será presentado en conxunto á próxima convocatoria do Programa de financiamento europeo INTERREG Espazo Atlántico.

Á reunión asistiron os alcaldes de Chaves e Verín (António Cândido Monteiro Cabeleira e Gerardo Seoane Fidalgo) e ambos coincidiron en resaltar a importancia das rutas ancestrais que pasan por este territorio fronteirizo, entre elas as vías romanas: "vía XIV" e a "vía XVI" Revalorizar estas rutas e crear produtos turísticos comercializables a partir delas supoñerán, segundo os dirixentes da Eurocidade, un importante valor engadido para a promoción turística do territorio Chaves-Verín.

O proxecto "Ancient ways, new ways" (Rutas ancestrais, novas rutas) está a ser traballado por diversos socios de todo o territorio elegible da área atlántica da UE (Irlanda do Norte, Irlanda, Francia, Portugal e España) e prevé unha captación de 4 millóns de euros en fondos europeos co obxectivo de reconverter as principais rutas ancestrais que pasan polo chamado espazo atlántico da Unión Europea ( de Irlanda do norte ata Andalucía-Algarve) en novas rutas innovadoras, competitivas e intelixentes que atraian investidores, visitantes e turistas a estes territorios tradicionalmente menos favorecidos polos fondos provenientes das administracións autonómicas e/ou estatais, e que ao mesmo tempo axuden ás Pemes do territorio para dotar de oferta de servizos que aumenten a competitividade dos destinos turísticos de fronteira.

web engineered by hostname.pt