logo

O destino transfronteirizo Chaves-Verín estrea Balneario Termal

10-06-2016

O destino transfronteirizo Chaves-Verín, a "Eurocidade da auga" conta desde hoxe con novas instalacións Termais que reforzan o potencial termal da Eurociudad como unha aposta estratéxica no sector do turismo. Por outra banda a AECT aproveitou a inauguración do novo balneario para presentar o "Pasaporte do Agüista" da Ruta termal e da auga Verín - Chaves - Vidago como punto de partida da revalorización do agüismo en Verín.

O Balneario Pedagóxico de Investigación e Desenvolvemento de Prácticas Termais de Vidago, instalado na antiga estación ferroviaria, supuxo un investimento da Cámara Muncipal de Chaves de preto de tres millóns de euros e foi inaugurado hoxe  polo Secretario de Estado da Saúde do Goberno Portugués, Manuel Delgado, acompañado dos alcaldes de Chaves e Verín.

Tras a inauguración, a Agrupación europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín presentou o "Pasaporte do Agüista" da Ruta termal e da auga Verín - Chaves - Vidago. Este innovador pack composto por: o pasaporte do agüista para selar nos mananciais que compoñen a ruta (Sousa, Cabreiroá, Fontenova, Chaves e Vidago), un vaso para as tomas de auga mineromedicinal e unha bolsa porta documentos será posto a disposición dos turistas e visitantes nos postos de atención turística dos municipios e será un gran atractivo para facer esta ruta trasnsfronteriza que obsequiará aos agüistas que completen a ruta selando o pasaporte cun diploma de "embaixador das augas de Chaves-Verín". Esta iniciativa busca promocionar e promover o retorno  e a valorización do agüismo á zona de Chaves e Verín e irá unida a un plan de remodelación dos mananciais de Verín.

O Novo Balneario Pedagóxico de Investigación e Desenvolvemento de Prácticas Termais de Vidago está constituído por un conxunto de edificios interconectados, englobando a remodelación do edificio principal da antiga estación de Vidago e o hangar de mercadorías. Nunha á, serán desenvolvidas as prácticas terapéuticas, onde están localizados os vestiarios, instituto de rehabilitación e fisiatría, compartimientos para masaxes, compartimientos para tratamentos termais, baños de hidromasaxe e duchas Vichy, duchas de chorros e ducha circular. Na outra á, estará a área de atención, sector clínico, gabinetes médicos e de enfermería, auditorio/salga de exposicións e café/bar cunha pequena terraza. No edificio principal da antiga estación, a única construción con dous pisos, estarán as zonas administrativas e de apoio pedagóxico: a dirección, servizos administrativos, salas de formación, arquivo e sala de bastidores/informática.

Entre o balneário de Chaves (requalificado e renovado o ano pasado), o novo equipamento de Vidago e o proxecto de revalorización do agüismo en Verín en torno á auga mineromedicinal e os seus mananciais haberá un aumento significativo na oferta termal no territorio, destacándose igualmente a compoñente pedagóxica deste novo equipamento incorporada no seu programa funcional.

web engineered by hostname.pt