logo

A sede da AECT Eurocidade Chaves-Verín acolle o Primeiro encontro das Oficinas de Emprego Fronterizas Galicia-Norte de Portugal

25-05-2016

Esta maña a sede da AECT Eurocidade Chaves-Verín acolleu o primeiro encontro das Oficinas de Emprego Fronteirizas Galicia-Norte de Portugal. Ao acto acudiu o director da AECT Eurocicade Chaves-Verín e alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo; a coordinadora do Eures Transfronteirizo Norte de Portugal -Galicia, Teresa González Ventín; representantes dous centros de emprego dá Xunta de Galicia e do Instituto do Emprego e Formación Profesional de Portugal e o director-xerente do Inorde.

O director da AECT Eurocidade Chaves-Verín explicou que na Eurocidade Chaves -Verín se está a producir un incremento da mobilidade de emprego transfronteirizo, resultante das interrelacións entre os dous lados da fronteira, así como da ampliación da área de influencia por quen está a procura de oportunidades laborais.

Por outra banda Seoane puntualizou que “actualmente persisten obstáculos nesa mobilidade transfronteiriza derivadas das diferenzas existentes nos tramites administrativos, na formación; na homologación dos títulos académicos, diferenzas nos salarios, nos modelos tributarios; ou nos documentos esixidos aos empresarios e traballadores que fan imprescindible definir pautas socioeconómicas conxuntas que favorezcan as relacións de traballo, formación profesional e seguranza social entre os dous países”.

Por último, Seoane afirmou que os municipios de Chaves e Verín “somos coñecedores de todos estes problemas, e aínda que as nosas competencias son case inexistentes nestas materias iso non impide poñer todos os nosos esforzos a hora de facilitar os recursos necesarios para conseguir lograr a mobilidade laboral na fronterira”.

O alcalde verinés tamén presentou o proxecto de cooperación transfronteiriza entre os centros de formación profesional de Chaves e Verín que será lanzado despois do Verán que permitirán captar fondos comunitarios que permitan dotar a Chaves e Verín de mellores oportunidades de formación e por ende un maior incremento da competitividade e xeración de emprego no territorio transfronteirizo.

O primeiro encontro das Oficinas de Emprego Fronteirizas Galicia-Norte de Portugal de hoxe ten como obxectivo analizar as oportunidades, obstáculos e desafíos relacionados co emprego neste territorio. Para elo, reuníronse na sede da AECT Chaves-Verín representantes dos principais organismos e institucións vinculados ao emprego de Galicia e Norte de Portugal coa finalidade de coñecer a rede de servizos de Emprego EURES, poñer en común os principais problemas que afectan aos traballadores e demandantes de emprego a un lado e outro da raia e, por último, e o mais importante crear un espazo de reunión entre os organismos e institucións vinculados o emprego fronteirizo no que den a coñecer as función e competencias que cada un desempeña en prol de ofrecer unha información coordinada e especializada.

web engineered by hostname.pt