logo

O destino transfronteirizo Chaves-Verín promociónase no Rock in Río Lisboa 2016

25-05-2016

O Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín, seguindo coa súa estratexia de promoción exterior do primeiro destino transfronteirizo da península ibérica que conforman o alto Támega e a mancomunidade Verín-Monterrei, promocionará gratuitamente o destino “Visit Chaves-Verín, a eurocidade da auga” no Rock In Río | Lisboa nos próximos días  26, 27 e 28 de Maio,  grazas a cooperación coa CM de Chaves e o Turismo Porto e Norte.

A promoción encádrase no proxecto impulsado polo Turismo do Porto e norte (autoridade rexional do Turismo de Portugal) TOPAS (Tourism Public Auto Service) e se desenvolverán un conxunto de roadshows (eventos itinerantes) co obxectivo de consolidar a notoriedade da marca Porto e Norte de Portugal no Mercado Ibérico; consubstanciar a comunicación da rexión e dos seus produtos a todos os intervenientes na cadea de valor do Turismo no sentido de conseguir unha promoción conxunta sustentable;  así como incluir os diversos públicos en accións interactivas e apelativas dirixidas no sentido de afirmar o Turismo do Porto e Norte de Portugal como unha marca dinámica, actual e de proximidade na cal toda a rexión se revise, identifique e contribúa para a súa afirmación.

O AECT Chaves-Verín enviará diverso material promocional (guías, mapas, kit de aguistas, ofertas de servizos no destino e vídeos promocionais) para visibilizar o destino "visit Chaves-Verín" no Rock in Río.

O Rock in Río, coñecido mundialmente como “O festival máis grande do mundo” recalou en Lisboa por primeira vez en 2004, e desde entón reuniu a máis de 1,7 millóns de espectadores grazas a nomes como os de Paul McCartney, Metallica, Stevie Wonder, Foo Fighters ou Shakira. Nesta edición, están cridos ao redor de 600 xornalistas para cubrir o evento, no que traballarán un total de 9.000 persoas. 

web engineered by hostname.pt