logo

A asemblea xeral da AECT Eurocidade Chaves-Verín aprueba o seu plan de actividades para 2016

07-04-2016

O pasado xoves 6 de abril reuníronse en asemblea xeral os membros do goberno da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín convocados polo seu presidente, Antonio Cabeleira . Á mesma, asistiron os delegados de Verín: Diego Lourenzo, Purificación Caldelas e José Luís Martín e os de Chaves: Carlos Penas e Joao Neves.

O director da agrupación Gerardo Seoane, que seguirá levando a dirección da institución por acordo unánime da asemblea dous anos máis, xunto ao secretariado técnico, presentaron á asemblea o balance de actividades e o informe de contas do exercicio anterior (2015).

Así mesmo, a asemblea aprobou por unanimidade o orzamento para o ano 2016 en 200 mil euros,  que irán destinados ao financiamento da estrutura transfronteiriza e á implementación do programa de actividades aprobado para 2016. O plan de actividades 2016 está baseado fundamentalmente en: un reforzo da cooperación transfronteiriza entre Chaves-Verín mediante a xestión conxunta de instalacións e servizos a través do uso do cartón do cidadán; a ampliación da AECT aos novos membros (Comunidade Intermunicipal do Alto Támega, Deputación de Ourense e Mancomunidade de municipios de Monterrei); o mantemento da Ecovía do Támega como arteria vertebradora do territorio e a promoción do destino turístico transfronteirizo "Visit Chaves-Verín".

Doutra banda, a dirección da institución transfronteiriza pormenorizou as sete candidaturas  presentadas ao programa de cooperación transfronteiriza España-Portugal para os próximos 4 anos cos que se espera a captación de 5 millóns de euros en fondos europeos para o desenvolvemento territorial de Chaves- Verín e a súa áreade influencia. O desenvolvemento económico e social, o fortalecemento da zona franca social da Eurociudad, a creación de emprego, a competitividade empresarial, a xestión medio ambiental e a catalización do sector turístico-termal serán os alicerces nos que se centre o financiamento comunitario. O obxectivo é crear unha eurociudad máis competitiva, cohesionada e sustentable no próximos catro anos.

 A AECT Eurocidade Chaves-Verín é unha Agrupación de municipios transfronteiriza  dotada de personalidade xurídica, que ten por obxectivo facilitar e fomentar entre os seus membros a cooperación de proximidade, co fin exclusivo de reforzar a cohesión económica, social e territorial (conforme ao artigo 175 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea).


web engineered by hostname.pt