logo

Alfonso Rueda presenta na Eurocidade Chaves Verin os éxitos do proxecto ARIEM 112

28-03-2016
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda entregou hoxe diverso equipamento paras as emerxencias que actúan na zona transfronteiriza na provincia de Ourense, por un importe de 405.000 euros, grazas ao cal séguese ca premisa de reforzar a atención ás emerxencias en beneficio dos cidadáns de ambos lados da frontera, estando así mellor preparados para facer fronte a calquera emerxencia que poida xurdir e puidendo ofrecer así unha mellor resposta.
Ao acto asistiron o director da AECT Chaves-Verín e alcalde verinense, Gerardo Seoane Fidalgo, a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, o director de Emerxencias e Interior, Luis Menor; o xerente da AXEGA, Juan José Muñoz; a representante da CCDRN, Marilia Silva; ademais de alcaldes, concelleiros e representantes das emerxencias dos concellos e dos consorcios.
Gerardo Seoane quiso destacar a importancia da optimización de medios e recursos a todos os níveis, “pero aínda maís” -puntualizou- “cando pode influir nos tempos de resposta na xestión dunha emerxencia, ndependentemente no lugar onde se produza, poidendo salvar vidas ou evitando unha catástrofe maior. O director do entre transfronteirizo sinalou o proxecto Ariem 112 é o proxecto eurocidade como “exemplos de cooperación no que a coordinación de medios e entendementos suma e crea mellores condicións de vida nos habitantes da frontera.
O goberno galego, a través do proxecto ARIEM 112 entregou hoxe na sede da Eurocidade Chaves-Verín diferente equipamento destinado a mellorar a xestión das incidencias na zona transfronteiriza aos GES do concellos de Lobios, Muiños e A Gudiña; ás Agrupacións de Voluntarios de Vilardevós e Vilar de Barrio; ao servizo municipal de Emerxencias de Laza; e ao Consorcio contraincendios e salvamento da Comarca de Verín e da Comarca da Limia.
Así, o Consorcio contraincendios e salvamento da Comarca de Verín recibiu 20 equipos respiración, 1 cámara térmica, 1 embarcación, 365 racores, 4425 detectores de fume, 4 coxins neumáticos, 3 traxes químicos, 1 ducha descontaminación, 3 carros de aire, 175 garrafas de 25 litros de espumógeno, 3 medidores de gas e 52 cascos de bombeiros.
Pola súa banda, o GES de Lobios recibiu 1 vehículo pick up, 1 equipo excarceración, 5 equipos respiración, 1 xogo de puntais de estabilización; 2 lanzas de auga e 14 mangueiras de auga. O GES de Muiños recibiu unha embarcación, 5 equipos respiración; 2 lanzas de auga e 14 mangueras de auga; e o GES de A Gudiña recibiu 5 equipos respiración, 2 lanzas de auga e 14 mangueras de auga. O Concello de Vilardevós recibiu un remolque e un vehículo pick up, e o Concello de Vilar de Barrio un remolque destinado á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
web engineered by hostname.pt