logo

A Deputación dá Coruña destaca a Chaves-Verín como modelo de boas prácticas en proxectos europeos.

06-11-2015
O Centro de Información Europea (Europe Direct) da Deputación dá Coruña, convidou o pasado 5 de novembro á Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín a presentar o seu modelo de éxito na xestión de proxectos comunitarios nunhas xornadas técnicas de difusión de boas practicas na xestión de proxectos europeos. 

Na mesma estiveron presentes entre outros: o presidente da Deputación dá Coruña, a Directora do Centro de Información Europea (Europe Direct Coruña), a vocal asesora na Dirección de Fondos comunicativa do Ministerio de Facenda e Administracións Publicas do goberno de España e a representante da Dirección de Política Rexional e Urbana da Comisión Europea Katerina Fortun. Ademais dun alto numero de representantes  de concellos, asociacións, consorcios e outras institucións que traballan na actualidade na xestión de proxectos europeos.Todos eles felicitaron á AECT polo seu recente premio rexio Star-City Star e polo encomiable labor de liderado na cooperación transfronteiriza de proximidade realizada.

A xornada serviu para difundir o traballo realizado pola AECT e poder compartir con outros técnicos de institucións galegas puntos de vista sobre o ciclo de xestión dunha convocatoria europea. Ademais abríronse oportunidades de participación con outros socios en diferentes programas, entre eles: LiFE, Erasmus +, LEADER, etc.

A rede de centros de información europea (Europe Direct) están repartidos por toda a xeografía española e teñen como misión axudar a entender e resolver preguntas sobre a Unión Europea. 

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín, integrada polos municipios de Chaves e Verín e dotada de personalidade xurídica, ten por obxectivo reforzar a cohesión económica, social e territorial de Chaves-Verín cos seus medios propios e a axuda de fondos Europeos.
web engineered by hostname.pt