logo

A AECT Eurocidade Chaves-Verín promove accións de formación sobre “Agricultura e Ambiente no Val do Támega”

30-09-2015

A AECT - Eurocidade Chaves-Verín vai promover, o próximo día 15 de outubro, unha acción de formación sobre  “Agricultura e Ambiente no Val do Támega”. A iniciativa terá lugar na sede da Eurocidade Chaves-Verín, entre as 15h30 e as 19h30 (hora portuguesa).

As marxes do río Támega están incluídos na Rede Natura 2000 na parte española, pola importancia dos seus bosques de Ribeira, das formacións de vexetación aquática, así como pola fauna asociada. Por este motivo, o obxectivo desta acción de formación é sensibilizar a sociedade en xeral sobre os efectos que os diferentes usos do chan, a xestión dos recursos hídricos e as prácticas agrícolas poden ter sobre o ambiente natural do Val do Támega. Da mesma forma, serán destacados os valores ambientais deste espazo natural e serán dadas a coñecer as actividades desenvolvidas dentro do proxecto “Valorización ambiental do corredor ambiental do río Támega – VALTAMEGA”.

A acción é gratuíta. Os interesados deberán inscribirse previamente, atraves dos seguintes contactos: 0034 669 235 209 / 00351 912 789 821 ou por correo electrónico info@eurocidadechavesverin.eu. É necesaria inscrición previa.

 

Programa

 15:30-15:45 Presentación das Xornadas

15:45-16:30 O proxecto VALTAMEGA.

16:30-17:15 O Val do Tâmega na Rede Natura 2000

17:15-17:30 Pausa para café

17:30-18:15 Xestión hídrica responsable na agricultura

18:15-19:00 Agricultura no Val do Tâmega.

19:00-19:30 Mesa redonda

19:30 Peche

 

O proxecto “Valorización ambiental do corredor ambiental do río Tâmega – VALTAMEGA” é un proxecto de cooperación transfronteiriza, aprobado no ámbito do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (cofinanciamento FEDER).

web engineered by hostname.pt