logo

A Eurocidade Chaves-Verín acolle o XI Maratón BTT “Rota do Presunto 2015”

01-09-2015

Durante os días 12 e 13 de setembro, levarase a cabo en Chaves e Verín o XI Maratón "Rota do Presunto 2015", organizado conxuntamente polo Club de ciclismo de montaña e o a Cámara Municipal de Chaves, co apoio da agrupación de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín.


A beleza dos dous territorios, a calidade das rutas e as características únicas do evento fan que o Maratón MTB "Rota do Presunto 2015" sexa tamén a quinta proba puntuable para a TAÇA DE PORTUGAL XCM 2015.

O maratón constará de 3 circuítos independentes: Ruta maratón elite (100 Km), con desnivel acumulado de 2293 m; Ruta curta do maratón, (75 km), coa diferenza acumulada de 1672 m; e ruta medio maratón (45 km), con desnivel acumulado de 873 m.


Este evento é un desafío, unha experiencia que non deixa indiferente aos amantes do ciclismo de montaña e tamén unha oportunidade para pasar un fin de semana inesquecible nun ámbito único entre algúns dos mellores practicantes deste deporte a nivel nacional.


Os interesados poden obter máis información en http://www.bttclubedechaves.pt


A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado baixo o ámbito do Programa Operacional de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea (cofinanciamento FEDER).

web engineered by hostname.pt