logo

AECT Eurocidade Chaves-Verín promove excursións entre Vidago-Chaves-Verín

14-08-2015
Como froito dunha política activa de colaboración público-privada participada polo AECT Eurocidade Chaves-Verín, van ser promovidos circuítos turísticos Vidago-Chaves-Verín, co fin de enriquecer as visitas a Chaves-Verín e así ampliar as estadías no destino. A idea xurdiu das unidades hoteleiras locais, que constataron a necesidade de cubrir con actividades as estancias dos seus hóspedes, ademais dos servizos termais.

A iniciativa concibiuse o pasado 24 de xuño, no seo dunha reunión dos equipos técnicas municipais de Chaves e Verín cos hostaleiros. Nese momento constituíuse un grupo de traballo integrado por técnicos e empresarios que teñen avanzado na programación destas excursións, que comezarán a funcionar o próximo día 12 de agosto, mércores.

O Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín está a desenvolver diversas accións na área do turismo, co obxectivo de reforzar o mercado o primeiro destino transfronteirizo de Europa, pero sobre todo con vistas a mellorar a competitividade e alcanzar máis oportunidades de negocio paras as empresas turísticas de Chaves e Verín.
web engineered by hostname.pt