logo

AECT presenta novo Programa Hospitality e de Promoción do destino Chaves-Verín

07-08-2015
O alcalde de Verín, Gerardo Seoane Fidalgo e o rexedor da Cámara Municipal de Chaves, Antonio Cándido Monteiro Cabeleira, presentaron onte na sé da AECT, acompañados do secretario técnico da Eurocidade, Pablo Rivera Búa, e a concelleira de Turismo Purificación Caldelas, o programa Hospitality Chaves Verín co obxectivo de poñer a disposición do visitante unha ferramenta eficaz que permita adquirir servizos turísticos en ambas municipios.

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, explicou que se están desenvolvendo diversas accións no ámbito do turismo co fin de afianzar o mercado no primeiro destino transfronterizo de Europa e así como mellorar a competitividad e as oportunidades de negocio das empresas turísticas de Chaves e Verín. Seoane destacou que se están levando a cabo medidas para reforzar a cooperación da administración pública co sector empresarial. “Estamos traballando en todas as áreas: planificación, coordinación, xestión e colaboración na comercialización do destino, adaptando os recursos ás demandas do mercado e mellorando a oferta e fortalecendo actividades complementarias para lograr máis oportunidades de negocio en ambas ciudades”, aclaro o alcalde verinés.

Seoane explico que, froito da política conxunta que se esta levando a cabo desde o Concello de Verín e a Cámara Municipal de Chaves a través da AECT, estanse creando novos espazos de colaboración co sector privado. Exemplos destas iniciativas son os FAM TRIPS, os PROGRAMAS DE INCENTIVO E COMERCIALIZACIÓN DE SERVIZOS e as CONTINUAS MESAS DE TRABALLO para a orientación da Plataforma de promoción e comercialización turística que se presentase próximamente.

Segundo explicou o rexedor verinés “todo este traballo fai posible que hoxe ensinemos froitos como os que hoxe presentamos aquí”. Por unha banda, os NOVOS MATERIAIS DE PROMOCIÓN TURÍSTICA do destino cunha imaxe homoxénea para coñecer dar a coñecer territorio (mapas, planos das cidades, guías turísticas e rutas temáticas transfronterizas). Doutra banda, e seguindo coa colaboración da administración pública coas empresas do destino, se presentou o PORTAFOLIO HOSPITALITY que se trata dunha mostra de produtos turísticos e servizos, enfocado ás recepcións dos establecementos hoteleiros, postos a disposición do usuario para proporcionarlle aos visitantes plans de lecer que se adapten aos seus gustos e necesidades.

Para rematar, Gerardo Seoane presentou, como proba substancial desta nova colaboración público privada e do programa HOSPITALITY, Os CIRCUÍTOS TURÍSTICOS VIDÁGO- CHAVES- VERÍN “co fin de enriquecer a visita Chaves- Verín e alargar as estancias no noso destino". O alcalde de Verín remarcou que esta idea xorde dos hosteleros da zona que detectaron a necesidade de proporcionar actividades ás estancias dos seus hóspedes, ademais de servizos. "Aplaudimos esta iniciativa e desexamos o maior dos éxitos" Para terminar, o alcalde verinés quixo "animar ás asociacións de Chaves e Verín a asinar un convenio de cooperación que facilite seguir esta liña de colaboración para a promoción e comercialización do único destino turístico transfronterizo da Unión Europea”
Pola súa banda, António Cândido Monteiro Cabeleira, rexedor da Cámara Municipal de Chaves, agradeceu a asistencia aos hosteleros e medios de comunicación presentes, así como do traballo levado a cabo entre o sector empresarial e os técnicos dos concellos de ambos municipios, insistindo en que este é o camiño a seguir para a consolidación deste territorio trasnfronterizo Chaves -Verín como destino de excelencia dentro da unión Europea.

O secretario Técnico da Eurocidade, Pablo Rivera Búa, explicou que Visit Chaves Verín é a marca única de territorio que comparten as ambas cidades transfronterizas e que se están desenvolvendo os materiais que presentaron os alcaldes. Rivera fixo especial fincapé nas novas rutas transfronterizas da AECT. “É o único destino de toda Europa, neste momento, que ten 5 rutas transfronterizas que atravesan dous países”, aclarou o secretario técnico. Tamén fixo alusión á renovación de todos os mapas (en inglés, español e portugués).

Rivera Búa, explicou que todos estes materiais elaboráronse coa colaboración do falando con todo o sector, tanto privado como público, buscando a máxima rigurosidad en todos os datos. “Sen o seu inestimable axuda sería imposible desenvolver estes materiais coa calidade e calidade que se elaboraron.”

En canto ao programa incentivo de oferta de servizos en destino Chaves- Verín HOSPITALITY, o secretario técnico subliñou que o importante é a primeira vez que se ten unha guía que non só promova senón tamén comercializa. Nesta iniciativa participan 23 empresas de Chaves e Verín ofrecendo 27 actividades e servizos que serán ofrecidos a través das recepcións de hoteis e oficinas de información turística de ambos municipios. Na guía ofértanse 4 spas, Servizos de Termas, 4 Adegas, servizos de cicloturismo, visitas guiadas, 4 museos, 4 piscinas, 1 hípica, Kartódromo, campo de golf, instalacións deportivas e, por primeira vez, inclúense as instalacións municipais. En canto aos formatos físicos HOSPITALITY canta con: guía, portafolios e a sección online de Hospitality en Visitchavesverin.com.
web engineered by hostname.pt