logo

A Eurocidade Chaves-Verín acollerá as únicas xornadas sobre o programa europeo ERASMUS+ de toda Galicia-Norte de Portugal.

15-07-2015
A Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) eurocidade Chaves-Verín, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, o Instituto Português do Desporto e Juventude, o Concello de Verín e a Câmara Municipal de Chaves, organiza unhas xornadas, os días 24 e 31 de xullo e 7 de agosto, sobre o programa europeo ERASMUS+, financiadas polo proxecto EUROCIDADE II aprobado ao abeiro do Programa de cooperación transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal 2007-2013 (POCTEP).

Estas xornadas teñen como finalidade dar a coñecer as posibilidades do programa europeo de mobilidade Erasmus+, un programa que pretende mellorar o nivel de competencias e de capacidades básicas dos mozos e mozas, así como potenciar a dimensión internacional destes a través da participación en proxectos. Mediante a colaboración e participación nun obxectivo común, axudará a que moitos mozos e mozas se sintan máis capacitados para tomar decisións, para interactuar e para mirar e crear oportunidades de traballos.

O programa europeo Erasmus+, é o novo programa da Unión Europea para a educación, a formación, a mocidade e o deporte, con vixencia 2014 – 2020. Entre os seus principais obxectivos específicos encóntrase: mellorar o nivel de aptitudes e competencias dos mozos e mozas; promover a participación na vida democrática en Europa e no mercado de traballo; a cidadanía activa; o diálogo intercultural; a inclusión social e a solidariedade; posibilitar ás persoas que traballan no ámbito da xuventude e aos mozos e mozas maiores oportunidades de mobilidade por motivos de aprendizaxe; potenciar a dimensión internacional das actividades xuvenís e o papel dos traballadores e organizacións no eido da xuventude como estruturas de apoio aos mozos e mozas. O programa fomenta a mobilidade dentro e fora dos límites da Unión Europea, a aprendizaxe non formal e o diálogo intercultural e tamén apoia a empregabilidade e a inclusión de todos os mozos e mozas independentemente do contexto social, educativo ou cultural ao que pertenzan.

As xornadas, que se impartirá na Oficina da Eurocidade Chaves-Verín (antigo Posto Fronteirizo sito en Feces de Abaixo), están destinadas a un máximo de 25 mozos/as (grupo mínimo para realizar o curso 8  persoas) con idades comprendidas entre 18 e 35 anos residentes na Eurorrexión Galicia- Norte de Portugal, con preferencia os residentes na Eurocidade.

Inscricións
As persoas interesadas en inscribirse deberán facelo, antes do 22 de xullo, neste enlace:
http://www.voluntariadogalego.org/web/modulo.php?mod=ppr&idc=185
Aos seleccionados comunicaráselle a súa admisión por correo electrónico.
Máis información: galeuropa@xunta.es

Indice de contidos
24 de xullo, aula 1(teórica): 
9:30-12:00/12:30-15:00- Introdución ao programa Erasmus+
1-Antecedente e evolución dos programas xuvenís.
2-Destinatarios e requisitos. Filosofía do Programa.
3-Accións do Programa nas áreas de Educación e Deporte.
4- Organismos de información, asesoramento e tramitación.
12:00-12:30- Café con… Manuel Araújo, técnico da OMIX de Ribadavia.

31 de xullo, aula 2 (teórico-práctica)
9:30-12:00/12:30-15:00- Erasmus+ Xuventude
5-Accións xuvenís: K1, K2 e K3. Que son, para que son, en que consisten.
6-Crear un proxecto: 
-Saber que queremos e saber que podemos.
-Como viabilizar un proxecto.
-Oportunidades que ofrece o Programa e adecuación aos nosos intereses.
12:00-12:30- Café con… integrante do CDR O Viso (Sarreaus). Entidade  participando actualmente en proxectos de Erasmus+.

7 de agosto, aula 3 (práctica)
9:30-12:00/12:30-15:00- Como participar. 
7-Do papel á acción e volta ao papel:
-Explicar as nosas ideas coa axuda dun formulario.
-Materializar o noso proxecto: previr a loxística.
-Compartir os nosos logros: divulgación e xustificación.
12:00-12:30- Café con… técnico do IPJ (a confirmar).

Habilitación dun correo electrónico para atendemento diario das dúbidas dos participantes.


web engineered by hostname.pt