logo

A AECT Eurocidade Chaves-Verín participará no OPEN DAYS 2015 en Bruxelas

14-07-2015
A Eurocidade Chaves-Verín sumase aos OPEN DAYS 2015 (semana europea das cidades e rexións), que se celebrarán entre o 12 ao 15 de outubro en Bruxelas, participando nun taller organizado pola Dirección de Política Rexional da Comisión Europea denominado "Integración urbana transfronteiriza: Agrupacións Europeas de Cooperación Territorial (AECTs) nas eurocidades e aglomeracións transfronteirizas".
Malia que o taller é gratuíto e aberto a todos os interesados, anímase a realizar a solicitude de inscrición o antes posible xa que o número de prazas é limitado. Para participar no taller é necesario inscribirse a través do seguinte link:
http://ec.europa.eu/regional_policy/opendays/od2015/register.cfm
ou buscar o taller mediante o código asignado a este: 14C15
Os OPEN DAYS, a semana europea das cidades e rexións, é un evento anual co-organizando pola Comisión Europea e o Comité das Rexións. Este acontecemento converteuse nunha cita ineludible para os actores rexionais e locais para o desenvolvemento e a cooperación. A súa misión é dar un palco ás cidades e rexións para demostrar a súa capacidade de crear crecemento e emprego, contribuír á cohesión europea e poñer así de manifesto a súa importancia no goberno de Europa.
web engineered by hostname.pt