logo

AECT Chaves-Verín anima aos novos escritores da Eurocidade a participar no Premio Literario Norte de Portugal e Galicia

24-06-2015
Están abertas as inscricións para o Premio Literario Nortear, unha iniciativa conxunta da Dirección Rexional de Cultura do Norte (Portugal), da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria - Xunta de Galicia (España) e da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia -Norte de Portugal, que conta co apoio da AECT Eurocidade Chaves-Verín na súa divulgación. O premio ten como obxectivos promover a aparición de novos escritores, estimular a produción de obras inéditas no ámbito da ciencia e incentivar a creatividade literaria entre os novos escritores, residentes en Galicia e no Norte de Portugal.
O gañador terá dereito a un premio monetario por valor de 2000 euros e a "publicación dun mínimo de 500 exemplares da obra", co custo total asumido polos impulsores desta iniciativa, que se responsabilizan igualmente pola "realización de accións de divulgación das obras premiadas, dende lanzamentos programados en equipamentos culturais de Galicia e do Norte de Portugal".
Poden someter as candidaturas aos premios Nortear todos os mozos con idades comprendidas entre os 16 e 36 anos, residentes, nacidos ou rexistrados na rexión Norte de Portugal ou en Galicia.
As inscricións están abertas ata o 30 de setembro e permiten o envío de un máximo de dúas "obras literarias que se enmarquen no xénero narrativo, subgénero conto".
Para obter información adicional consulte a normativa da iniciativa en:
www.culturanorte.pt; www.gnpaect.eu; www.xunta.gal ou www.cultura.gal.
web engineered by hostname.pt