logo

Cidades do Eixo Atlántico mostran o seu potencial na Feira Expocidades, en Viana do Castelo

24-06-2015
Chaves-Verín contou cun stand na exposición, que estivo situada en pleno centro da cidade de Viana do Castelo, no Centro Cultural, entre os días 19 e 21 de xuño.

Unha ampla representación das cidades galegas e portuguesas integradas no Eixo Atlántico, entre elas Chaves-Verín, mostraron o potencial do turismo de proximidade na terceira edición da "Mostra de Turismo das Cidades do Eixo Atlántico, Expocidades" que se realizou en Viana do Castelo de 19 a 21 de xuño.

31 cidades, 2 deputacións e 29 stands ocuparon unha feira que mostrou as potencialidades turísticas das cidades participantes, unha oferta centrada no turismo de proximidade dada a proximidade que existe entre as cidades galegas e portuguesas e á variedade de ofertas turísticas para o visitante.
A feira Expocidades é a maior mostra do potencial turístico das cidades que integran o Eixo Atlántico. Creada hai máis de 23 anos, a entidade transfronteiriza é unha das principais referencias do que pasa na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que agrupa as 38 principais cidades e entidades de Galicia e do Norte de Portugal, a metade galegas e metade portuguesas.

A exposición estivo situada en pleno centro da cidade, no Centro Cultural de Viana do Castelo, obra do arquitecto Soto Moura, premio Pritzker (equivalente ao Nobel de arquitectura). Paralelamente ao desenvolvemento da feira tiveron lugar outras actividades de degustación de produtos típicos das cidades (doces, pan, viños, conservas ...), actuacións musicais e teatrais, unha exposición de aves do zoolóxico da Maia durante unha das xornadas, proxección de vídeos documentais das cidades e encontros turísticos entre profesionais do sector.

Nesta terceira edición, despois de ter pasado por Lugo e Pontevedra, que recibiron máis de 10.000 visitantes en tres días, o deseño da feira tamén se axustou aos stands de sostibilidade, quere coa utilización de materiais reutilizables, quere coa separación dos residuos, entre outros.
web engineered by hostname.pt