logo

A AECT Eurocidade Chaves-Verín crea o manual de imaxe corporativa para a promoción del proxecto Valtamega

12-06-2015
Os municipios de Verín e Chaves a través da Agrupación Europea de Cooperación territorial Chaves-Verín crearon o Manual de Imaxe corporativa Valtámega para desenvolver a correcta promoción e divulgación do proxecto "Valtamega" dotado de 450.000 euros de fondos europeos para a valorización do corredor ambiental do río Támega.

O obxectivo do proxecto é mellorar a xestión dos recursos hídricos do corredor do Támega, valorizar o río Támega como fío de conexión da Eurocidade Chaves-Verín, incorporando, sempre que sexa posible, os principais valores naturais, históricos e culturais. Así como, desenvolver e promover a conexión entre a poboación dos dous municipios transfronteirizos coas zonas ribeirás e os ecosistemas asociados do río Támega, buscando fomentar o interese por estes espazos así como a responsabilidade pola súa conservación e valorización.

O manual básico de identidade do proxecto "Valtamega" realizouse en portugués e en español e establece as pautas básicas sobre o uso correcto de tipografías, versións e utilizacións cromáticas, aplicacións básicas, etc. Será de grande utilidade para a promoción e divulgación do proxecto seguindo as indicacións da Unión Europea en todo o que se refire á publicidade no uso dos fondos FEDER e programas operativos.

O proxecto "Valtamega - Valorización do corredor ambiental do río Támega " é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financeira da Unión Europea(cofinanciación FEDER).
web engineered by hostname.pt