logo

Chaves-Verín promoverase como destino de proximidade en Expocidades 2015

14-06-2015
Un ano máis, o destino Chaves-Verín participará na Mostra de Turismo das Cidades do Eixo Atlántico 'Expocidades', conformada polos municipios integrantes da Eurorrexión, e que nesta edición terá lugar do 19 ao 21 de xuño na localidade lusa de Viana do Castelo.

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín (AECT-ECV) promoverá o destino Chaves-Verín, Eurocidade da Auga, a través dun stand conxunto de estética innovadora, no que os técnicos dos dous municipios amosarán aos visitantes as potencialidades turísticas e promoverán este territorio como espazo turístico de proximidade. Tamén se divulgarán os diferentes recursos e información sobre os produtos turísticos da Eurocidade Chaves-Verín, primeiro destino transfronteirizo da Península Ibérica, como son o Camiño de Santiago, oferta hostaleira, gastronómica, termal e actividades culturais e deportivas realizadas no mesmo .

Viana do Castelo acolle este ano a mostra 'Expocidades' que organiza o Eixo Atlántico. Este escaparate turístico contará con 30 expositores das 28 cidades e entidades participantes que amosarán as posibilidades turísticas das mesmas. Unha oferta enfocada ao turismo de proximidade dada a relativa distancia que existe entre as urbes galegas e portuguesas e a variedade de ofertas turísticas ao visitante. A mostra estará situada no Centro Cultural de Viana do Castelo. Paralelamente ao desenvolvemento da feira terán lugar outras actividades como degustacións de produtos típicos das cidades participantes, actuacións musicais, exposición de aves do zoolóxico de Maia durante unha das xornadas, proxección de vídeos documentais das cidades e encontros turísticos entre profesionais do sector. Nesta terceira edición, despois de pasar por Lugo e Pontevedra en anos anteriores, o deseño da feira tamén se axustará aos estándares de sostibilidade tanto no emprego de materiais reutilizables coma na separación dos residuos, entre outros. A entrada será gratuíta.

A AECT Eurocidade Chaves-Verín invita aos/ás empresarios/as do sector turístico dos dous municipios a promocionar o seu hotel, restaurante ou empresa de servizos turísticos en Expocidades 2015. Por este motivo, ofrécese coma en anos anteriores a posibilidade de achegar todo o material promocional da súa empresa para que sexa divulgado, por parte dos técnicos de turismos, entre os/as asistentes á feira. Os locais nos que se pode entregar este material son:

En Chaves:
Á atención del Dr. Pedro Monteiro
Edificio Polis
Ladeira da Trindade, n.º 17
5400-554 Chaves (Portugal)
Telf.: 00351 276 340 500
————————
En Verín:
Á atención de Chon Lorenzo
Oficina de Turismo de Verín
Rúa Irmáns La Salle s/n 32600 Verín
0034 988 411 614

A Eurocidade Chaves-Verín é un proxecto de cooperación transfronteiriza aprobado no ámbito do Programa Operacional de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP), coa participación financieira da Unión Europea (co-financiamento FEDER).
web engineered by hostname.pt