logo

1º Descenso transfronteirizo e andaina polo río Támega con máis de 170 persoas

12-06-2015
A área recreativa de Rabal (Oímbra) acolleu unha iniciativa en torno ao río Támega, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.

Na 1ª Baixada Transfronteiriza polo río Támega participaron un total de 109 persoas do barrio norte e sur da Eurocidade, mentres que na Andaina Ambiental asistiron sesenta e nove. Foi organizada pola AECT Eurocidade Chaves-Verín, conxuntamente co Município de Chaves, Concello de Verín, Concello de Oímbra, Cruz Vermella, Bombeiros de Chaves e Vidago, Asociación de Caminheiros, Asociación Ruta das Augas e Protección Civil dos dous municipios.

Foron un total de 178 persoas ás que participaron nestas iniciativas ambientais, ás que tamén asistiron os alcaldes e concelleiros dos tres municipios. Esta iniciativa enmárcase dentro do proxecto “Valtamega - Valorización do Corredor Ambiental do río Támega”, do que se benefician as localidades de Chaves e Verín. A 1ª Baixada Transfronteriza polo río Támega constaba dun percorrido de seis quilómetros, en kayak, desde Rabal (Oímbra). Mentres que a 1ª Andaina Ambiental saía do Horto Municipal de Chaves e contemplaba, ao longo dos seus sete quilómetros, a recollida de residuos ao longo das marxes do río Támega. As dúas finalizaron no Açude de Vila Verde da Raia, onde tivo lugar unha convivencia neste entorno natural.

O obxectivo é mellorar a xestión dos recursos hídricos do corredor do Támega, revalorizar o mesmo como fío de conexión do territorio, incorporando, sempre que sexa posible, os principais valores naturais, históricos e culturais. Ademais de desenvolver e promover a unión entre a poboación dos dous municipios  transfronteirizos coas zonas da ribeira e ecosistemas asociados ao río Támega. Sen esquecer, a creación de ferramentas de sensibilización e educación ambientais, mellorando a súa accesibilidade, co fin de concienciar á cidadanía sobre a necesidade de respectar e conservar os valores ambientais; e fortalecer as relacións profesionais entre os principais actores en materia de xestión de espazos naturais e xestión deportiva.
   
Esta actuación está enmarcada dentro do proxecto "Valtamega" unha iniciativa de cooperación transfronteiriza aprobada no ámbito do Programa de Coooperación Transfronteriza España-Portugal, coa participación financeira da Unión Europea, polo que o municipio de Verín e o de Chaves foron beneficiados con 450.000 euros para sacar adiante o proxecto de valorización do corredor ambiental do río Támega.
web engineered by hostname.pt